InicioSociedadeO Orgullo de Vigo camiña cara a igualdade con voces que animan...

O Orgullo de Vigo camiña cara a igualdade con voces que animan a loitar

A mobilización presidida por unha faixa lembrando os 50 anos da revolta de Stonewall, orixe da celebración deste día.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Centos de persoas manifestáronse en Vigo por mor do Orgullo LGBT para reivindicar os dereitos desta comunidade e unha igualdade real. Foi un acto central dunha xornada que puxo fin a unha semana conformada numerosas actividades e que tivo o seu colofón nunha mobilización presidida por unha faixa lembrando os 50 anos da revolta de Stonewall, orixe da celebración deste día.

A manifestación, organizada pola asociación Nós Mesmas,  tivo un percorrido similar ao de anos anteriores: Saíu da Praza da Pedra e pasou pola rúa Príncipe, Colón e Policarpo Sanz para rematar nun mesmo punto dun xeito circular. Xusto antes de emprender a marcha, a karateka compostelá Cristy Tojo, unha das poucas deportistas de alto nivel que que admitiu publicamente a súa pertenza á comunidade LGBT, leu o pregón. Cando rematou a mobilización, a actriz Paula Pier fixo o propio.

Faixa que presidiu o Orgullo de Vigo en lembranza de Stonewall / Miguel Núñez

REACCIÓNS

“Foi un Orgullo moi similar a outros na cidade, non veu nin moita nin pouca xente.”, explica Marta González, unha das persoas que participaron. “A valoración que fago é boa pero sempre hai polémicas cos cánticos, porque moitas hai consignas que exclúen as persoas trans”, aínda que engade que “pouco a pouco parece que se vai superando”. Pedro Araújo sinala a este respecto o bo labor da organización que solucionou a problemática “pasando o megáfono entre asistentes e que así todo o mundo estivera representando”.

Respecto á elección de reivindicar Stonewall, González o ve dun xeito moi positivo: “Paréceme ben que se lembre onde está a orixe, sobre todo porque esta é unha manifestación que se transforma sempre nunha festa. Hai demasiada batukada. Realmente os momentos reivindicativos quedan para os pregóns e ás veces son tapados por todo o demais”, explica. Araújo considera que para ir neste camiño, a propia comunidade é a que ten que concienciarse: “O cambio de perspectiva ten que ser noso, aínda que penso que imos polo bo camiño, por exemplo un dos lemas do Orgullo animaba precisamente a iso”.

González tamén é crítica coa propia programación do evento: “Está ben que se reivindique que o Orgullo é loita pero se logo da manifestación hai un concerto hai algo que non cadra”. Di que ela estaría máis satisfeita con outra clase de eventos “que inviten máis á reflexión, como un recital de poesía”, aventura baseándose nas actividades doutras edicións.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...