InicioPolíticaColisións importantes entre o BNG de Vigo e o de Monforte nas...

Colisións importantes entre o BNG de Vigo e o de Monforte nas peticións para negociar co PSOE nas deputacións de Lugo e de Pontevedra

Mentres o BNG de Vigo condiciona a súa entrada na Deputación de Pontevedra a ter grupo propio no concello, o de Monforte considera que pedirlle iso ao PSOE nas negociacións da Deputación de Lugo é unha “chantaxe”, “actitude mafiosa” e “caciquismo electoral”.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG mantén posturas diferentes, e mesmo enfrontadas, sobre as súas reclamacións á hora de negociar co PSdeG para entrar nas deputacións provinciais.

Por unha banda, o concelleiro do Bloque en Vigo, Xabier P. Igrexas, advertiu de que un impedimento do PSOE para crear o seu grupo municipal nesta cidade fará “moi difícil” que se alcance un acordo entre ambas as formacións na Deputación de Pontevedra. E, pola outra, o Consello Local do BNG en Monforte considera que pedirlle iso ao alcalde desa localidade, José Tomé –futuro presidente da Deputación de Lugo–, nas negocicións para entrar nesta institución, é unha “chantaxe”, “actitude mafiosa” e “caciquismo electoral”. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...