InicioSociedadeSinaí Giménez enfronta penas que suman máis de 50 anos de cárcere

Sinaí Giménez enfronta penas que suman máis de 50 anos de cárcere

Segundo recolle o escrito de acusación da Fiscalía, o 30 de abril de 2014 concentráronse "decenas de persoas" na praza fronte ao edificio xudicial tudense, á espera do traslado de dous detidos que supostamente ameazaran ao patriarca da familia, Olegario Giménez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sinaí Giménez, coñecido como ‘rei dos xitanos de Galicia’ e varios dos seus familiares e achegados enfróntanse a penas que suman máis de 50 anos de prisión, en dous xuízos que se celebrarán en próximos días por supostos delitos de lesións, atentado e obstrución á xustiza.

Así, o xulgado do Penal número 1 de Pontevedra acollerá os días 25 e 26 de xuño unha vista na que se piden en total 27 anos de cárcere para Sinaí Giménez e varios membros da súa familia, coñecidos como ‘os Morones’, por agredir a varios gardas civís e un avogado ás portas do xulgado de Tui (Pontevedra), en abril de 2014.

Segundo recolle o escrito de acusación da Fiscalía, o 30 de abril dese ano concentráronse “decenas de persoas” na praza fronte ao edificio xudicial tudense, á espera do traslado de dous detidos que supostamente ameazaran ao patriarca da familia, Olegario Giménez.

Nun determinado momento, Sinaí Giménez propinou varios empuxóns a un axente de paisano que estaba a gravar imaxes do lugar; así mesmo, foi atacado o avogado dun dos supostos agresores de Olegario Giménez, cando saía do edificio.

GOLPES A AXENTES E AO AVOGADO

Nese momento, segundo o ministerio público, Juan Paulo G.J. ordenou a distintas persoas alí presentes, entre os que se atopaban os acusados D.J.G. e María Consolo G.J. e S.G.J., menor de idade nesa data, que “fosen a por el” . O letrado tamén foi insultado e arroxáronselle botellas de auga.

Ante esta situación, dous axentes de paisano que se atopaban na zona, identificáronse e acudiron ao lugar. Despois de que un deles suxeitase a tres dos investigados, agarrárono, empuxaron e golpearon para que S.G.J. puidese soltarse e, unha vez que o conseguiu, agrediu na cabeza ao axente e fuxiu.

Como resposta, un grupo de persoas abalanzouse sobre os axentes “empuxándolles e golpeándolles”, segundo recolle a Fiscalía. A acusación describe tamén nos seus escrito golpes cun paraugas a un dos axentes, patadas, empuxóns e outras agresións.

PETICIÓN DE PENAS

Por estes feitos, que a Fiscalía cualifica como delitos de atentado contra axentes da autoridade e obstrución á xustiza, pide, para Sinaí Giménez, penas que suman catro anos e medio de prisión; para o seu irmán Juan Paulo G.J. solicítanse seis anos e medio de prisión e o pago de multas por máis de 4.400 euros. Ás mesmas penas enfróntanse D.G.J. e M.C.G.J..

En canto a M.G.J. e S.G.J., a Fiscalía demanda un ano e medio de prisión e unha multa de 160 euros, para cada un deles. Finalmente, e en concepto de responsabilidade civil, o Ministerio Público pide que tres dos acusados indemnicen en 9.000 euros a un dos axentes agredidos, e en 2.000 euros a outro. Pola súa banda, o avogado agredido xa renunciou no seu día a exercer medidas ou reclamar indemnización.

LIORTA NO MERCADILLO DE CANGAS

Por outra banda, a Fiscalía tamén formulou escrito de acusación contra 12 feirantes xitanos (sete deles do grupo coñecido como ‘zamoranos’, e outros cinco dos ‘Morones’), aos que considera autores de diversos delitos de lesións, por unha liorta que tivo lugar no mercadillo de Cangas do Morrazo (Pontevedra).

Segundo o informe do ministerio público, os feitos, que se xulgarán entre o 1 e o 5 de xullo en xulgado Penal 2 de Pontevedra, sucederon na mañá do 16 de outubro de 2015, cando o acusado Sinaí G.J. iniciou unha discusión co acusado Enrique L.S. porque este instalara o seu posto de venda no mercadillo de Cangas ocupando dous metros máis de extensión. A nai de Sinaí, Flora J.G., tamén lle recriminou esa actuación e foi golpeada coa tarima do posto nun costado.

A partir de aí iniciouse unha liorta con golpes de barras de ferro, empuxóns e outros ataques, na que se implicaron máis dunha decena de persoas, entre elas os 12 acusados, e outros familiares dun ou outro bando que acudiron a auxiliar aos feridos e que foron, á súa vez, golpeados.

Como consecuencia da multitudinaria pelexa, resultaron feridos de diversa consideración varios feirantes, tanto do grupo ‘zamorano’ como da familia dos ‘Morones’. A Fiscalía atribúe aos acusados diferentes delitos de lesións.

No caso dos ‘zamoranos’, o ministerio público pide para Enrique L.S., Javier D.X., e José Luís J.E., tres anos e medio de prisión para cada un. Ademais, para estes e os outros catro acusados deste grupo (Luís L.S., Felipe S.J., Faustino J.B., e Manuel Jesús J.B.), pide multas que suman 8.100 euros, e que indemnicen aos feridos do ‘bando’ contrario en máis de 7.000 euros.

Por parte dos ‘Morones’, a Fiscalía solicita condenas que suman 24,5 anos de prisión. A maior pena, de 14 anos de cárcere, pídea para Sinaí G.J.; mentres que reclama 10,5 anos de cárcere tamén para a súa irmá María Consolo G.J.

Para estes e o resto de acusados (María Amelia C.M., Miguel Anxo V.B., e Rafael F.G.) reclama multas que suman 9.000 euros, e que indemnicen aos ‘zamoranos’ en máis de 20.700 euros.

CAUSAS PENDENTES

Ademais destas causas, Sinaí Giménez ten algúns procedementos xudiciais pendentes. O máis importante instrúese nun xulgado de Cangas, contra el e varios membros da súa familia, por supostos delitos de ameazas, branqueo de capitais, tenencia ilícita de armas, etc. (investigación relacionada coas supostas coaccións a feirantes).

Así mesmo, o chamado ‘rei dos xitanos de Galicia’ tamén está pendente da instrución iniciada nun xulgado de Salamanca, tras a súa detención (xunto a Miguel Anxo V.B.) cando foi interceptado levando nun coche 3 quilos de haxix, o pasado 14 de maio de 2019.

Por outra banda, a Garda Civil busca a un dos irmáns de Giménez, Juan Paulo, como presunto autor dun tiroteo ocorrido na madrugada do 19 de maio en Torneiros, O Porriño. Algunhas testemuñas identificaron a esta persoa como o individuo que entrou nun centro multiusos (onde se celebraba unha festa familiar de gintanos’zamoranos’) e realizou varios disparos que, de rebote, alcanzaron nas costas a un mozo de 18 anos e na cara a unha menor de 15 anos de idade.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...