InicioCulturaVetusta Morla, Furious Monkey House e Xoel López actuarán o 2 de...

Vetusta Morla, Furious Monkey House e Xoel López actuarán o 2 de agosto en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que o próximo 2 de agosto terá lugar no Parque de Castrelos un macroconcerto no que actuarán Vetusta Morla, Furious Monkey House e Xoel López. Nunha rolda de prensa que tivo lugar este xoves en Vigo, o rexedor vigués anunciou tamén que a Coral Casabranca actuará no parque vigués o 27 de xullo.

Vetusta Morla é unha banda de indie rock nada na localidade madrileña de Tres Cantos en 1998 que publicou o seu primeiro álbum, ‘Un día en el mundo’, unha década máis tarde. Tras ese recompilatorio, o grupo publicou tres máis. O último deles, ‘Mismo sitio, distinto lugar’, traeraos ata a cidade olívica no marco dunha xira que o pasado fin de semana levounos a Santiago de Compostela durante o festival musical ‘O Son do Camiño’.

Xoel López é un vocalista nado na Coruña cuxos temas se enmarcan no indie rock ou indie pop. Os seus dous primeiros álbums, publicados entre 2001 e 2003, editáronse en inglés, mentres que o terceiro combinou este idioma co galego. Para os seus dous últimos traballos, ‘Fin de un viaje infinita’ e ‘Reconstrución’, utilizou o castelán.

Mentres, o terceiro grupo, Furious Monkey House, foi formado por varios adolescentes de Pontevedra en 2014 e deuse a coñecer despois de publicar o tema principal da película ‘Zipi e Zape y la isla del capitán’, ‘Life Into The Wild’.

Adicionalmente, Abel Caballero indicou que o Concello de Vigo adxudicou por un importe de 323.000 euros a produción técnica que permitirá levar a cabo os concertos que se celebrarán no Parque de Castrelos entre o 11 de xullo e o 11 de agosto.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...