InicioSociedadeO PP demanda ao Goberno central a instalación dunha nova subestación eléctrica...

O PP demanda ao Goberno central a instalación dunha nova subestación eléctrica en Vigo

O senador Manuel Fidalgo asegurou que se trata dunha infraestrutura "fundamental" para "o futuro económico e empresarial da cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O senador ‘popular’ Miguel Fidalgo rexistrou unha pregunta na Cámara Alta para que o Goberno central detalle os motivos polos que non se acometerá a construción da subestación eléctrica 220kv Novo Vigo na cidade olívica e instouno a levala a cabo.

Segundo recolleu o partido nun comunicado, insistiu no abaratamento de custos que suporía esta subestación para as empresas e asegurou que se trata dunha infraestrutura “fundamental” para “o futuro económico e empresarial de Vigo“. Ademais, lembrou que estaba proxectada na planificación 2015-2020 co obxectivo de ser executada en 2020 e remarcou que, en Vigo, as empresas non se poden enganchar á rede eléctrica en 220 kv, mentres que no norte de Portugal si é posible.

Así mesmo, resaltou que se aprobou a aplicación das condicións de excepcionalidade necesarias para estender esta rede desde a liña Atios-Pazos a Vigo no Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica (REE) 2016-2020.

Miguel Fidalgo asegurou ademais que é preciso contar con esta subestación para que a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN) e a planta coa que conta o Grupo PSA en Vigo poidan conectarse. Así, afirmou que, deste xeito, a estabilidade do servizo mellorará e o custo da electricidade diminuirá, o que redundará nunha mellora da competitividade empresarial.

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...