InicioSociedadeDetido un veciño de Vigo por agredir supostamente á súa exparella e...

Detido un veciño de Vigo por agredir supostamente á súa exparella e ao pai desta

A parella estaba en procesos de separación e os feitos sucederon cando o home se presentou no domicilio para recoller varias pertenzas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, D.R.P., de 37 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir supostamente á súa exparella e tamén ao pai desta.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste martes, cando unha dotación acudiu a un domicilio da cidade, tras recibir un aviso por unha posible agresión no ámbito familiar. Unha vez no lugar, os axentes entrevistáronse cunha muller que explicou que estaba en proceso de separación, e que a súa exparella se presentou no domicilio para recoller varias pertenzas.

En lugar de coller os aveños e marchar, relatou esta veciña, comezou a increpala e reprocharlle a súa actual situación, elevando o ton e chegando a propinarlle un bofetón e a agarrala do pelo para zarandearla. O pai da moza, que vive na planta baixa da mesma casa, acudiu ao domicilio ao escoitar a discusión, e puido ver como a exparella da súa filla lle tiraba do pelo. Ao tratar de auxiliala, foi embestido e pateado por el.

O sospeitoso, no entanto, trasladou aos axentes outro relato dos feitos, e explicou que fora ata alí para tratar cuestións relacionadas coa custodia da filla de ambos. Segundo asegurou, os seus sogros pretenden quitarlle esa custodia, e ese foi o motivo da discusión. Ademais, afirmou que, no transcurso da rifa, foi agredido polos seus sogros.

Finalmente, o home foi detido polos axentes como presunto autor dun delito de violencia de xénero, e trasladado a un centro médico para tratar unha leve ferida na tempa. Do mesmo xeito, tamén foron trasladados a moza denunciante e o seu pai para ser tratados polas lesións sufridas.

ÚLTIMAS

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Detidos por asaltos en Vigo a taxistas, aos que intimidaban cunha arma branca

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home como suposto...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...