InicioSociedadeXunta e Armadores de Vigo poñen en marcha un ciclo de FP...

Xunta e Armadores de Vigo poñen en marcha un ciclo de FP sobre maquinaria de buques

O ciclo impartirase no Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico, en Vigo, e constará de 2000 horas de formación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI) e quince empresas do sector marítimo-pesqueiro asinaron este mércores un convenio para a posta en marcha dun ciclo experimental de FP Dual sobre mantemento de maquinaria de buques.

No acto de firma estiveron presentes a conselleira de Educación, Carmen Pomar; a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o presidente de ARVI, Javier Touza; e representantes das empresas Freiremar, Moradiña, Pesqueiras de Bon, Febesa Cangas, Pescapuerta, Irmáns Gandón, Agustín Santomé, Pesqueiras Carral, Stella Maris de Bueu, Armadora Pereira, Walvisfish, Gordejuela Pesca, Pescaberbés, Angelsonia Pesca e Viverdreams Fish.

O acordo contempla a implantación dun ciclo dual de grao superior para a obtención do título superior de Técnico de Organización do Mantemento de Maquinaria de Buques e Embarcacións, que se impartirá no Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico, en Vigo.

Así, 16 alumnos poderán formarse o próximo curso 2019-2020, e compaxinar formación académica e formación práctica, nas instalacións das empresas asinantes do convenio.

O ciclo consta de 2.000 horas de formación curricular, que se repartirán entre o centro educativo (un 44 por cento das horas), entre setembro e decembro, e o centro de traballo (un 56 por cento das horas), entre xaneiro e xuño.

A titular de Educación da Xunta, Carmen Pomar, destacou que este tipo de graos formativos proporcionan un “ensino de calidade”, e dan resposta ás demandas do tecido empresarial e da realidade socioeconómica de Galicia

Pola súa banda, Rosa Quintana destacou o incremento de matrículas nas escolas náutico-pesqueiras de Galicia nos últimos anos, aínda que alertou sobre a “falta de substitución xeracional” no sector.

A ese respecto, apostou por facer “máis atractiva” esta actividade para os mozos, e valorou que este ciclo de FP permitirá mellorar a formación enfocada ao sector pesqueiro, garantir esa substitución e liquidar a falta de tripulantes.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...