InicioEconomíaPSA Vigo presenta o novo Peugeot 2008, un "todocamiños" que comezará a...

PSA Vigo presenta o novo Peugeot 2008, un “todocamiños” que comezará a producción en outubro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo presentou este mércores en sociedade o seu novo modelo, o Peugeot 2008, un “todocamiño” que comezará a súa produción en serie a principios de outubro.

A presentación tivo lugar á primeira hora da mañá na planta de Balaidos, nun acto que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e no que o director da fábrica, Ignacio Bueno, lembrou que a produción deste novo modelo (no sistema 1 da factoría) atraerá unha facturación de 450 millóns de euros para os provedores galegos.

Pola súa banda, o presidente do Goberno galego agradeceu a confianza e o compromiso do Grupo PSA co centro de produción vigués e co sector da automoción de Galicia. Ademais, valorou a aposta da fábrica viguesa pola innovación.

O novo modelo xa se está fabricando no sistema 1 da planta viguesa, en modo de unidades de proba, e a fabricación en serie comezará a principios de outubro. Así, irase aumentando a cadencia de produción ata alcanzar, no primeiro cuadrimestre do ano 2020, a capacidade máxima do sistema.

640 UNIDADES DIARIAS

Durante este ano, explicou o director do centro vigués, recuperarase a segunda quenda de traballo nesa liña de produción e a previsión é alcanzar a montaxe de 640 unidades diarias.

Ignacio Bueno puxo en valor a “excelente noticia” que supuxo para Vigo este lanzamento, e advertiu de que, a partir de agora, a planta ten que “demostrar” ao Grupo PSA que pode alcanzar os obxectivos de calidade, competitividade e custos comprometidos, e que lle levaron a facerse con este modelo.

O Peugeot 2008, un SUV compacto que tamén se producirá en Wuhan (China) para o mercado asiático, construirase sobre a nova plataforma modular multienergía CMP, que permite producir o tres versións de motorización na mesma liña de montaxe.

Ademais, a fábrica viguesa, que desde 1995 veu producindo versións eléctricas de furgonetas, conta cun taller de baterías no que se montarán as baterías destinadas ao novo modelo, así como as do Opel Corsa que se fabricará na factoría de Zaragoza.

GALICIA “ESCRIBE O FUTURO” DA AUTOMOCIÓN

Pola súa banda, o presidente do Goberno galego agradeceu a confianza do Grupo PSA no centro de produción vigués e na industria de compoñentes de Galicia, á vez que proclamou que “o futuro da automoción escríbese en Vigo, en Galicia”.

Núñez Feijóo valorou a aposta da planta pola innovación, mesmo nun escenario “complexo” como o dos últimos anos, e afirmou que dita aposta “trae progreso, emprego e facturación”.

A ese respecto, subliñou non só a cifra de negocio que suporá o novo modelo para a industria de compoñentes, senón tamén os máis de 650 millóns de euros que se estiman de facturación destas empresas en relación á nova xeración de furgonetas lanzada en 2018.

O titular da Xunta fixo fincapé tamén na importancia do sector da automoción na economía de Galicia, un sector que factura máis de 8.000 millóns de euros ao ano, e supón o 13 por cento do emprego industrial.

ÚLTIMAS

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...

OPINIÓN.- Vigo: Un plan de transporte para o futuro

A cidade de Vigo atópase nun momento crucial da súa historia. O crecemento desordenado...

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...