InicioSucesosDetido en Vigo por morder e tirar ao chan á súa parella,...

Detido en Vigo por morder e tirar ao chan á súa parella, que levaba en brazos ao seu bebé

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un individuo de 24 anos de idade, E.D.C.G., natural de Venezuela, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras ameazar, morder e tirar ao chan á súa parella, que levaba en brazos ao fillo de ambos, de seis meses de idade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na noite do luns, na zona do Calvario, cando a Policía acudiu alertada por un veciño que escoitaba berros e choros dunha muller.

Cando os axentes chegaron ao lugar, atopáronse a un home increpando a unha muller. Segundo o relato dela, o detonante da discusión foron os celos da súa parella, que comezou a gritarlle e a ameazala, chegando a mordela e tirala ao chan dun empuxón, a pesar de que a moza tiña en brazos ao seu bebé.

O suposto agresor colleu un coitelo e seguiu ameazándoa, ata que chegou a patrulla da Policía Local. Por estes feitos, E.D.C.G. foi detido, mentres que a moza, de 22 anos de idade, foi atendida por técnicos do 061 polo seu estado de elevada ansiedade. O bebé non sufriu danos, xa que a súa nai protexeuno na caída.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...