InicioSociedadeO Chuvi incrementará o número de prazas de MIR ofertadas no seu...

O Chuvi incrementará o número de prazas de MIR ofertadas no seu servizo de Pediatría

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) incrementará o número de prazas de Médico Interno Residente (MIR) do servizo de Pediatría e pasará das catro actuais, a sete.

Segundo recolleu a xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo nun comunicado, o Ministerio de Sanidade publicou o incremento do número de prazas MIR, que se completarán con catro de residentes en enfermaría pediátrica.

Ademais, a resolución inclúe a autorización pertinente para incorporar os centros de saúde de Mos e Teis á Unidade Docente Multiprofesional de Pediatría do Chuvi. Deste xeito, estes centros sumaranse aos de Atención Primaria que xa desenvolvían esta formación, os de rúa Cuba, Matamá, Pintor Colmeiro, Sárdoma, O Porriño, O Val Miñor, Gondomar e Redondela.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...