InicioPolíticaCesa como director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, que...

Cesa como director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, que será portavoz do PP en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno galego acordou este xoves o cesamento do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, José Alfonso Marnotes, que deixa o cargo a petición propia despois de ser designado para ostentar a portavocía do grupo municipal do PP no Concello de Vigo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo agradecer “de forma especial” os seus servizos prestados neste departamento desde 2015 e desexoulle “sorte” no “reto” que asumirá a partir deste sábado, día no que se constituirán as corporacións locais.

José Alfonso Marnotes, que foi tamén vicesecretario xeral da Consellería de Economía e Industria desde 2009, foi o número 20 da lista dos populares na cidade olívica para as eleccións municipais do pasado 26 de maio.

Con todo, tras a dimisión da presidenta do partido a nivel local, Elena Muñoz, a xestora liderada pola exrexedora viguesa Corina Porro decidiu que sexa Marnotes o portavoz na corporación.

Na Dirección Xeral destacan o seu “compromiso” ao longo deste tempo no deseño de programas de formación cara ao emprego do futuro, coa posta en marcha de iniciativas tanto para persoas ocupadas como sen traballo. As competencias deste departamento serán asumidas, de momento, pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...