InicioSucesosBombeiros de Vigo rescatan a un neno que quedou encerrado nun coche...

Bombeiros de Vigo rescatan a un neno que quedou encerrado nun coche coas chaves dentro

Os Bombeiros de Vigo rescataron a un neno que quedou encerrado nun coche, e cuxa nai non podía acceder a el, porque se deixou as chaves no interior do vehículo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vigo rescataron a un neno que quedou encerrado nun coche, e cuxa nai non podía acceder a el, porque deixou as chaves no interior do vehículo.

Segundo confirmaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste martes, na zona de Samil, onde acudiu unha dotación do 092 alertada porque un neno se atopaba encerrado nun coche, que non se podía abrir por estar as chaves no seu interior.

Unha vez no lugar, os axentes entrevistáronse coa nai do menor, que se atopaba moi nerviosa e que non se decidiu a romper o cristal da porta. O coche atopábase estacionado nunha zona de sombra, polo que o risco para o neno era menor.

A Policía optou por dar aviso ao servizo de bombeiros da cidade, e unha dotación presentouse no lugar, cunha ferramenta especial, coa que conseguiron abrir o coche e sacar ao neno, que non precisou asistencia técnica.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...