InicioEconomíaComeza a comercialización das primeiras parcelas da Plisan e a construción de...

Comeza a comercialización das primeiras parcelas da Plisan e a construción de depuradora e potabilizadora

O anuncio de poxa pública das primeiras parcelas no Polígicono Loxístico Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) publicarase este martes no Diario Oficial de Galicia, e iniciaranse tamén, xunto coa urbanización desa primeira área, as obras para construír a depuradora e a potabilizadora que darán servizo ao maior polígono industrial de Galicia, cuns 3 millóns de metros cadrados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O anuncio de poxa pública das primeiras parcelas no Polígicono Loxístico Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan) publicarase este martes no Diario Oficial de Galicia, e iniciaranse tamén, xunto coa urbanización desa primeira área, as obras para construír a depuradora e a potabilizadora que darán servizo ao maior polígono industrial de Galicia, cuns 3 millóns de metros cadrados.

Así o confirmou este luns o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen visitou os terreos da Plisan, xunto coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; a directora de Promoción Económica de Zona Franca, Rosa Eguizábal; o presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga; e responsables municipais das Neves e Salvaterra.

Segundo sinalou o titular do Executivo autonómico, tras anos de dificultades, nos que o desenvolvemento da Plisan se converteu nunha “carreira de obstáculos” (polos litixios cos expropiados e as comunidades de montes), dáse agora o “impulso final” á posta en servizo desta grande área industrial promovida por tres administracións: Xunta, Porto e Zona Franca.

Na primeira poxa pública ofertaranse 45 parcelas, que suman uns 350.000 metros cadrados, e o prezo medio de venda será de algo menos de 60 euros por metro cadrado. No entanto, as empresas interesadas poden conseguir tamén condicións vantaxosas se optan polo dereito de superfie durante 30 anos, en lugar da adquisición.

O prazo de presentación de ofertas para o chan desta primeira fase será do 11 de maio ao 30 de setembro, e as empresas poderán optar a parcelas de diversos tamaños e prezos.

O investimento estimado na Plisan é de 231 millóns de euros, dos que 97 millóns xa se destinaron a expropiacións, traballos técnicos, movementos de terra e sistemas xerais; outros 25 millóns de euros foron investidos pola Xunta na autovía de conexión coa A-52; 20 millóns máis se investirán en executar a primeira fase de chan empresarial, e na construción da depuradora e a potabilizadora (cuxas obras terminarán no primeiro semestre de 2020); e outros 88,6 millóns “quedan por executar coa urbanización completa e os viarios interiores”, segundo apuntou o presidente da Xunta.

POLÍTICAS DE APOIO Á IMPLANTACIÓN EMPRESARIAL

Durante a súa visita, o presidente galego repasou as políticas postas en marcha polo seu goberno para favorecer a implantación de empresas e lembrou que Plisan, ademais de ser un espazo importante “desde o punto de vista da superficie”, o é tamén desde o punto de vista “estratéxico”, porque permitirá facer fronte á competencia de Portugal, que ten prezo de chan, salarios e fiscalidade “á baixa”.

Feijóo lembrou medidas como a lei de implantación empresarial, que permite diminuír a burocracia e os prazos para que as compañías poidan empezar a súa actividade en territorio galego; a redución do prezo do chan industrial; ou o decreto para regular un “censo” de chan empresarial, tanto público como privado, e que as empresas teñan unha guía de espazos, prezos e condicións ofertadas.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...