InicioCulturaComo loitar informativamente contra os grandes grupos de comunicación

Como loitar informativamente contra os grandes grupos de comunicación

Os directores de Galicia Confidencial, Praza Pública e Sermos Galiza reflexionaron sobre a importancia de apoiar medios alternativos e en galego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cal é a situación dos medios en galego, o monopolio informativo dos grandes grupos mediaticos galegos, a importancia de ter unha información alternativa ou as importantes relacións entre os poderes políticos e os medios de comunicación tradicionais. Estes foron algúns dos temas que abordaron este xoves en Vigo os directores dos tres principais medios en galego do país; Xurxo Salgado, director do Galicia Confidencial, David Lombao do Praza Pública e María Obelleiro, do Sermos Galiza.

David Lombao, Xurxo Salgado e María Obelleiro nunha charla sobre os xornais en galego / Miguel Núñez

Unhas reflexións que tiveron lugar nunha mesa redonda, moderada polo catedrático e profesor na Facultade de Comunicación da USC, Xosé López , que tivo lugar na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) e estivo organizada polo Colectivo Pertenza. Nela falouse, sobre todo, da importancia e do futuro dos xornais dixitais galegos.

Durante a charla, os tres directores abordaron a situación das tres grandes cabeceiras en galego, así como o panorama comunicativo de Galicia. Un panorama dominado por grandes grupos de comunicación fortemente subvencionados polo poder político.

Ademais, destacaron a importancia dos roles xornalísticos dos medios en galego como “vixilantes e críticos” coa realidade comunicativa e política imperante e como garantes dunha información alternativa e plural.

Público na Conferencia dos directores de Praza, Galicia Confidencial e Sermos Galiza © Miguel Nuñez

RETOS

Na mesa redonda tamén se falou das estratexias para implicar aos cidadáns no producto xornalístico e na elaboración das pezas, a participación ou a estratexia en redes sociais, así como dos modelos económicos e plans de sustentabilidade destes medios. Unha situación, a da sustentabilidade económica destes medios, que estivo moi presente durante toda a charla, posto que a maior parte destes medios poden sobrevivir grazas ás achegas económicas dos seus lectores ante o boicot publicitario de determinadas institucións, nomeadamente, a Xunta de Galicia.

Xosé López, catedrático e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago / Miguel Núñez

Logo da intervención de Salgado, Lombao e Obelleiro abriuse unha quenda de preguntas na que o público estivo moi participativo e insistiu en cuestións como a necesidade de manter unha información alternativa en galego, nos plans de viabilidade dos medios, en artellar iniciativas comúns ou nos retos de captar ás novas xeracións.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...