Home Vigo e contorna Vigo Temporal de inverno en xuño

Temporal de inverno en xuño

0
Temporal de inverno en xuño

A borrasca ‘Miguel’ trouxo a Galicia un temporal máis propio do inverno que destas datas, ás portas do verán. Con ventos que nalgúns puntos de Galicia superaron os 126 km/h e os 74 l/m2, ‘Miguel’ está sacudindo con forza a costa galega.

En Vigo, a Policía recibiu un gran número de chamadas por incidencias causadas polo temporal. Entre estas, a caída dunha árbore sobre un coche na rúa Tomás Alonso sen causar danos humanos, o desprendemento dunha pola que causou unha colisión entre dous coches na Avenida Arquitecto Palacios, así como máis caídas en diferentes puntos da cidade de numerosas ramas de árbores.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here