InicioSociedadeA cruz do Castro aparece cunha pancarta en apoio aos bombeiros de...

A cruz do Castro aparece cunha pancarta en apoio aos bombeiros de Vigo

Denuncian que "aínda non se publicaron as bases para a oposición de novas prazas, polo que seguimos sen bombeiros e sen data para o seu ingreso".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A cruz do Castro de Vigo apareceu cuberta cunha pancarta reivindicativa en apoio aos bombeiros de Vigo, denunciando a situación crítica na que se atopa este corpo.

É unha nova expresión do conflito que os bombeiros manteñen co Goberno local para que lles mellores as condicións laborais, aumente o persoal e rebaixe a carga de horas.

A colocación da pancarta ten unha alta carga simbólica non só polo lugar elixido (a cruz) e o símbolo que a acompaña (unha cruz vermella), senón tamén por estar fronte ao Concello vigués, onde os bombeiros acudiron en numerosas ocasións para expresar ao alcalde o seu malestar polas precarias condicións nas que teñen que traballar.

Os bombeiros denuncian que “aínda non se publicaron as bases para a oposición de novas prazas, polo que seguimos sen bombeiros e sen data para o seu ingreso”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...