InicioEconomíaVigo contará este verán con dez voos semanais a Tenerife e Gran...

Vigo contará este verán con dez voos semanais a Tenerife e Gran Canaria

O aeroporto de Peinador contará entre o 1 de agosto e o 15 de setembro con dez conexións semanais coas illas de Tenerife e Gran Canaria a través da aerolínea Binter.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O aeroporto de Peinador contará entre o 1 de agosto e o 15 de setembro con dez conexións semanais coas illas de Tenerife e Gran Canaria a través da aerolínea Binter.

Segundo detallou a compañía aérea, os pasaxeiros poderán voar de Vigo a Tenerife os martes e xoves ás 11,15 e ás 11,00 horas e o regreso terá lugar ás 15,15 e ás 15,00 horas, respectivamente. A saída dos sábados realizarase ás 7,00 horas e, o volto da illa á cidade galega, ás 11,00 horas.

Mentres, a conexión entre a cidade olívica e Gran Canaria realizarase os mércores e os domingos ás 11,00 horas e o regreso terá lugar ás 15,00 horas.

Ademais, a compañía facilitará dun modo gratuíto a ligazón destas rutas coas interinsulares co obxectivo de que os prezos dos billetes sexan os mesmos para cada unha das illas.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...