InicioVigo e contornaVigoErros nas papeletas do PSOE enviadas a domicilio: a candidatura non é...

Erros nas papeletas do PSOE enviadas a domicilio: a candidatura non é a de Vigo

O erro detectouse no barrio de Castrelos aínda que non descarta que se extenda a outros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e candidato á reelección, Abel Caballero, fixo este mércores un chamamento aos vigueses para que “revisen” as papeletas do PSOE que chegaron aos seus domicilios, en crave de propaganda electoral da súa candidatura, xa que por erro, neses sobres, en lugar de incluírse a papeleta de Vigo, introduciuse a dos socialistas das Neves (Pontevedra).

En declaracións aos medios, o candidato olívico pediu aos veciños que “non se fíen” e que comproben que a papeleta que recibiron “é a que ten a Abel Caballero no número uno”. “Se é a de Abel Caballero é a boa. Revisade que o nombreciño que apareza primeiro sexa Abel Caballero, que esa é a papeleta mellor”, proclamou, á vez que sinalou que o erro foi detectado no barrio de Castrelos, pero non descarta que poida haber máis papeletas intercambiadas.

Por outra banda, Abel Caballero tamén fixo un chamamento aos seus votantes a participar nos comicios do domingo, e pediu “que ninguén dea por feito que xa se gañaron as eleccións porque as enquisas dean moi ben”. “Hai que votar, ninguén pode quedar sen votar”, insistiu.

O candidato tamén aseverou que el non pide o voto para o PSOE, nin sequera para a lista de Abel Caballero, senón que pide “o voto para Vigo”. “Que busquen a lista que é de Vigo, porque nós somos a lista de Vigo”, rematou.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...