InicioSociedadeUn matrimonio de Vigo pide axuda ante o seu desafiuzamento e...

Un matrimonio de Vigo pide axuda ante o seu desafiuzamento e o Concello di “que se deixen axudar”

Segundo relataron, a casa na que viven está moi deteriorada e sospeitan que a dona quere "desfacerse" deles para poder reformala e realugala máis cara.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un matrimonio de Vigo, formado por María Begoña e José, pediron este martes axuda ante o inminente desafiuzamento da súa vivenda, cuxos propietarios non queren renovarlles o contrato, para poder mudarse a unha nova casa cun aluguer asumible, tendo en conta os seus escasos recursos económicos.

Estes veciños da zona de O Chouzo lograron que os xulgados lles dean unha semana máis –terán que comparecer o próximo 31 de maio– para buscar unha alternativa, pero advertiron de que as vivendas que se ofrecen en aluguer escapan ás súas posibilidades, xa que ambos cobran pensións mínimas e teñen problemas de saúde.

Segundo relataron, a casa na que viven está moi deteriorada e sospeitan que a dona quere “desfacerse” deles para poder reformala e realugala máis cara. Este matrimonio paga unha das chamadas ‘rendas antigas’, que non supera os 150 euros ao mes, pero “non deixaron de pagar”, segundo apuntou a presidenta da Federación Veciñal, María Pérez.

Pola súa banda, a concelleira de Benestar Social de Vigo, Isaura Abelairas, apuntou que os servizos sociais municipais están en contacto con esta familia desde 2001, momento en que xa os donos da súa vivenda avisaran de que non querían renovarlles o contrato de aluguer. A pesar desa advertencia, o matrimonio continuou na vivenda, e xa en 2017, os donos volveron insistir en que non renovarían o aluguer, segundo explicou a edila viguesa.

Ante esta situación, sinalou Abelairas, o Concello expúxolles varias alternativas en diferentes ocasións. Así, ofreceu axudarlles a pagar a renda doutra vivenda ou a buscarlles aloxamento temporal nun hostal, pero o matrimonio rexeitou estas ofertas. “Non quixeron absolutamente nada do que lles ofrecemos. Seguimos tentando axudarlles, pero teñen que deixarse axudar”, insistiu.

ÚLTIMAS

Vigo reforza a liña de autobús con Ifevi para facilitar a asistencia á cabalgata dos Reis Meigos

O alcalde de Vigo, Abel Cabellero, anunciou un reforzo na liña de autobús con...

Chamamento cidadá para recuperar os xoguetes roubados dunha exposición en Redondela

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, organizador dunha exposición de xoguetes dos anos...

A previsión de mal tempo obriga a trasladar a Cabalgata de Vigo ao Ifevi o domingo

A pesar da previsión de mal tempo, a Cabalgata de Vigo manterase este domingo,...

Luz verde á subida do prezo do bus urbano en Vigo: Caballero defende os descontos municipais

O goberno de Vigo deu luz verde á proposta de actualización de tarifas do...