InicioSociedadePolémica no colexio Canicouva por impedir o acceso a pais e nais

Polémica no colexio Canicouva por impedir o acceso a pais e nais

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pais e nais do colexio público Canicouva de Vigo –en Castrelos– están en pé de guerra contra a dirección do centro, á que acusan de impedirlles o paso para deixar e recoller os seus fillos, tras colocar un valo.

Os afectados denuncian que o valo lles impide non só o acceso, senón tamén onde refuxiarse se chove, por exemplo, e deben agardar polos seus fillos na rúa, nunha zona onde non existen beirarrúas.

É por isto que os pais e nais iniciaron unha recollida de sinaturas, tras impedirlles a dirección acceder ao centro educativo e comunicarllo mediante unha circular.

Os pais collen firmas ás portas do colexio Canicouva / © Miguel Nuñez

 

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...