InicioSociedadeAs persoas con mobilidade reducida tamén poderán navegar polo Espazo Natural do...

As persoas con mobilidade reducida tamén poderán navegar polo Espazo Natural do Miño

O Club Deportivo Sen Amarras é o promotor deste proxecto de roteiros fluviais que pretenden ter continuidade con ata 12 saídas no verán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, amadriñaron o pasado xoves en Goián (Tomiño), a botadura das dúas embarcacións que inauguraban a primeira ruta turística no embarcadoiro inclusivo do Espazo Natural do Río Miño, unha infraestrutura que se realizou ao abeiro dun convenio de colaboración asinado o pasado ano entre este concello pontevedrés e Turismo de Galicia e que garante a accesibilidade de embarque e desembarque das persoas con diversidade funcional nesta parte do Miño.

O acto da botadura contou coa presencia, ademais, dos representantes da Asociación de
Desenvolvemento EU Rural (fondos Leader) e de La Caixa, ambos os dous patrocinadores das embarcación, cun achegamento do 90 e 10%, respectivamente.

Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha / Wikimedia Commons

Nas súas intervencións, tanto a alcaldesa, coma a directora da axencia de Turismo, salientaron o pracer e o orgullo de ser madriñas de dúas embarcacións inclusivas, que a partir de agora permitirán desfrutar do río tamén as persoas con mobilidade reducida.

Seguidamente, foron bautizados con viño da zona os barcos “Sen Amarras 1” e “Sen Amarras 2”, por Sandra González e Nava Castro, respectivamente. O acto rematou coa botadura das embarcacións e un paseo polo río.

Os barcos, cun orzamento de máis de 60.000 euros entre os dous, teñen 5,30m de eslora e
2,15 de manga, dispoñendo dunha proa abatible con acceso para cadeiras de rodas, desde onde as persoas con diversidade funcional, poden tripular a embarcación, se o desexan.

O Club Deportivo Sen Amarras, impulsa estes novos roteiros fluviais coa previsión da posta en marcha de até 12 saídas turísticas polo Miño, entre os meses de xuño e setembro, tomando como punto de inicio este novo embarcadoiro inclusivo.

Pola súa banda, o embarcadoiro inclusivo do Miño –que contou cun investimento de
150.000€- e foi inaugurado a pasada semana, permite pór en valor as numerosas alternativas turísticas do río ao seu paso por Tomiño.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...