InicioSociedadeAbel Caballero pide ao Porto "actuar" tras o novo afundimento aínda que...

Abel Caballero pide ao Porto “actuar” tras o novo afundimento aínda que Feijóo “presione” para que non se arranxe

Caballero incidiu en que se trata dun espazo "entregado pola xuíza ao Porto, propiedade e responsabilidade do Porto, da súa competencia exclusiva.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero expresou este mércores a súa “enorme preocupación” tras un novo esborralle no peirao que rexistrou un afundimento en agosto do ano pasado, durante a celebración dun concerto no Festival O Marisquiño, e instou ao Porto a “actuar”, xa que a zona é a súa “responsabilidade” e “competencia exclusiva”.

En declaracións aos medios, o rexedor olívico lembrou que “o presidente do Porto ten un mandato dunha xuíza para que asegure esa zona, incluíndo a eventualidade de refacela enteiramente nova”.

Por iso, manifestou a súa “enorme preocupación” por ese novo afundimento, que non causou feridos ao tratarse dunha zona que xa estaba valada, e incidiu en que se trata dun espazo “entregado pola xuíza ao Porto, propiedade e responsabilidade do Porto, da súa competencia exclusiva”. “O Porto ten que tomar moi en serio o que está a pasar nesa zona”, recalcou.

Abel Caballero apuntou que a Zona Franca fixo unha oferta ao Porto para, no marco da construción dun novo aparcadoiro, recibir esa zona en concesión e rehabilitala, e “a resposta foi que non, porque Feijóo non quere que se arranxe Vigo”. “O Porto ten que actuar, non pode quedar quieto, é a súa responsabilidade e dá igual que Feijóo lle presione”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...