InicioSociedadeA área sanitaria de Vigo pon en marcha a derivación directa de...

A área sanitaria de Vigo pon en marcha a derivación directa de pacientes de determinadas patoloxías

A Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo puxo en marcha este xoves a derivación directa de pacientes con certas patoloxías aos servizos de Dermatoloxía, Endocrinoloxía, Reumatoloxía e Psiquiatría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo puxo en marcha este xoves a derivación directa de pacientes con certas patoloxías aos servizos de Dermatoloxía, Endocrinoloxía, Reumatoloxía e Psiquiatría.

Segundo precisou a xerencia sanitaria viguesa, poderase prestar este servizo a pacientes preferentes no caso de Dermatoloxía e, a casos relativos ao nódulo tiroideo, no de Endocrinoloxía.

Tamén se derivará a aqueles con atrite, enfermidades sistémicas e autoinmunes ou aos que se atopen en situación de incapacidade temporal a Reumatoloxía e, aos que padezan descompensacións psicóticas, a Psiquiatría.

Ademais, este xoves completouse a carteira de contactos telefónicos dos médicos que traballan no hospital para facilitar o apoio aos que exercen o seu labor en centros de saúde en 26 especialidades hospitalarias.

O obxectivo desta iniciativa, enmarcada no Plan de Comunicación do Sergas, é permitir que os facultativos consulten dúbidas e poidan establecer unha derivación preferente se é necesario. Deste xeito, búscase axilizar os tempos de resposta da atención hospitalaria para abordar casos complexos.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...