InicioPolíticaComeza a xornada electoral en Pontevedra sen incidencias

Comeza a xornada electoral en Pontevedra sen incidencias

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 2.240.616 galegos están chamados ás urnas este domingo para decidir os 23 deputados e 16 senadores que representarán ás catro provincias galegas nas Cortes Xerais. Dos 2,2 millóns de electores, 772.631 son de Pontevedra e, deles, 22.362, son novos votantes.

Durante o inicio da xornada electoral non houbo ningunha incidencia destacada na apertura das mesas electorais, segundo informou o Delegado do Goberno.

Para estes comicios, imprimíronse case 27,4 millóns de papeletas para o Congreso — 10.545.000, na Coruña; 9.936.150, en Pontevedra; 3.900.000 en Ourense; e 3 millóns en Lugo–. Ademais, máis de 2,4 millóns de papeletas están impresas para o Senado — 1.045.000, na Coruña; 828.150, en Pontevedra; 300.000, en Ourense; e 250.000 en Lugo.

Para os comicios deste domingo, foron solicitados 33 kits de accesibilidade para persoas cegas ou con discapacidade visual grave, das cales 16 foron na provincia da Coruña, nove na de Pontevedra e catro respectivamente en Ourense e Lugo.

Os galegos poderán elixir entre 49 candidaturas ao Congreso e 47 ao Senado. Todas as provincias, salvo Ourense con 13, contarán con 12 listas distintas para escoller aos oito deputados da Coruña, os 7 de Pontevedra e aos catro de Lugo. Os ourensáns tamén contan con catro representantes no Congreso.

Para o Senado, elíxense catro representantes en cada circunscrición. Haberá un total de 47 listas por provincia, 12 en cada unha delas salvo na Coruña, en que foron proclamadas 11.

ÚLTIMAS

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...