InicioEconomíaVeciños da parroquia porriñesa de Atios mobilízanse contra a restauración da Canteira...

Veciños da parroquia porriñesa de Atios mobilízanse contra a restauración da Canteira de Vilafría

Reclaman o pago das indemnizacións que a industria do granito debe aos veciños polos danos causados nas súas vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Afectados as Canteiras de Vilafría e do Carbón convocaron aos veciños da parroquia porriñesa de Atios a unha mobilización este domingo, día 21, en protesta por como se está levando a cabo a restauración da canteira e para “reclamar o pago das indemnizacións que a industria do granito debe aos veciños polos danos causados nas súas vivendas”.

Esta mobilización, que terá lugar ás 12,00 horas, é a primeira das accións que os veciños dos barrios de Vilafría e do Carbón anunciaron que levarán a cabo mentres non sexan atendidas as súas demandas.

“Cuestionamos o papel do Servizo de Minas por ser condescendiente coas pretensións da empresa de non retirar totalmente o muro artificial construído nos anos noventa a modo de pantalla que minorase os efectos da canteira. A actividade xa terminou e, aínda así, Minas consente que parte do muro permaneza“, asegura a plataforma.

A maiores, critican a “actitude pasiva e cómplice” do goberno local, que “nunca se preocupou polo efecto que a restauración terá sobre os veciños de Vilafría”.

Do mesmo xeito, os veciños cargan tamén contra “a pasividade dos servizos de control ambiental tanto da Garda Civil” como da Consellería de Medio Ambiente e da Policía Local. “Os veciños denuncian que se están realizando verteduras na canteira de Vilafría cando o proxecto aínda non estaba aprobado e con materiais poderían ser contaminantes. Pero o recheo continúa e nada sabemos do control sobre os produtos que se verten”, apostilaron.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...