InicioPolíticaA ferrolana Yolanda Díaz enfronta a Abel Caballero e Rubén Pérez

A ferrolana Yolanda Díaz enfronta a Abel Caballero e Rubén Pérez

Abel Caballero acusa a En Común Unidas Podemos de "colonialismo político" pola orixe ferrolana de Yolanda Díaz e Rubén Pérez lembra que o rexedor vigués foi deputado pola Coruña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do grupo municipal Marea de Vigo e secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, respondeu este martes ás críticas do alcalde da cidade e presidente do PSOE vigués, Abel Caballero, que acusou a En Común Unidas Podemos de practicar o “colonialismo político”.

O rexedor vigués criticou a esta formación por ter unha candidata por Pontevedra, Yolanda Díaz, ex coordinadora xeral de Esquerda Unida en Galicia, que é de Ferrol. Por iso, Rubén Pérez lembroulle que el mesmo foi deputado pola Coruña entre 1982 e 1986 –antes de volver ser deputado, entre 1986 e 1989, nesa ocasión por Pontevedra–.

Despois de que Abel Caballero esixise que os candidatos “sexan da demarcación” porque “o paracaidismo político xa é moi vello”, Rubén Pérez sinalou que o rexedor “se acusa a si mesmo de colonialismo político”, unha práctica “moi habitual no PSOE”. De feito, lembrou que o rexedor olívico foi deputado pola Coruña no Congreso.

Por outra banda, lembrou ao alcalde que os candidatos se presentan en circunscricións provinciais, unha figura que Esquerda Unida quixo eliminar, e que, en todo caso, “non necesariamente ten que ser de Vigo” os integrantes da lista.

“Non imos entrar nese localismo cateto de chamar colonialismo a iso, hai que estudar historia para saber o que é o colonialismo”, proclamou Rubén Pérez, quen advertiu de que “colonialismo é que haxa empresas de fóra de Vigo, como a dona da concesionaria do bus, que veñen a por os recursos públicos da cidade”.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...