InicioMedio Ambiente e PatrimonioInvestigan a aparición de bengalas incendiarias nun monte de Teis

Investigan a aparición de bengalas incendiarias nun monte de Teis

A Comunidade de Montes denunciou en numerosas ocasións nos últimos anos actos vandálicos nesa zona.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional abriu unha investigación tras o achado, o pasado venres, de catro bengalas incendiarias nas proximidades da Madroa, na parroquia viguesa de Teis. Segundo confirmaron fontes policiais, trátase de bengalas incendiarias, pero descoñécese de momento a intencionalidade coas que se utilizaron e os seus autores.

Os axentes foron alertados o pasado venres por uns veciños da zona que escoitaron as detonacións. Efectivos da Policía Nacional e Autonómica que se deslazaron á zona acharon os catro artefactos tras inspeccionar o lugar de Espedrigal, próximo á Madroa.

O presidente da Comunidade de Montes de Teis, Eduardo García, precisou que os veciños que escoitaron as detonacións non saben se foron actos vandálicos ou ben se había intención de provocar un incendio.

García precisou que parecen “petardos incendiarios”, aparentemente “bastante antigos polas referencias que había”, e sinalou que a Comunidade de Montes denunciou en numerosas ocasións nos últimos anos actos vandálicos nesa zona.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...