InicioMedio Ambiente e PatrimonioDescobre o museo oculto dos dinosauros e fósiles de Vigo

Descobre o museo oculto dos dinosauros e fósiles de Vigo

Falamos con Pablo Triquell, dono da tenda Tesoros (Vigo) que agocha unha das maiores coleccións de fósiles de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A tenda de artesanía Tesoros, na rúa Cánovas del Castillo de Vigo, esconde un tesouro dentro de si: o máis parecido en Vigo a un museo de Historia Natural. De cando en vez, os colexios visitan esta pequena exposición, que fai anos formaba parte dun museo de Carral (A Coruña), e actualmente apoia á parte comercial da tenda, onde véndense xoias, fósiles, minerais, cunchas ou incluso insectos desecados da India, que poden superar os dez centímetros de longo. Pablo realiza asiduamente viaxes por todo o mundo para atopar novas variedades que colocar nos seus estantes.

“A xente ve o dinosauro e non cre que sexa real”, asegura Pablo Triquell, o seu dono. A nosa terra non garda demasiada relación cos fósiles. En Galicia non atópanse grandes xacementos, máis propios de zonas coma Cataluña ou Aragón, nin paixón por estes: “En Ribadeo pode aparecer un amonites, pero é moi raro”. Os amonites son eses moluscos prehistóricos, similares ao calamar pero cunha cuncha redondeada, que apareceron antes que os dinosauros e extinguíronse con eles.

Pablo Triquell, entre as pezas da súa colección / Miguel Núñez

Unha liña invisible separa o que está en venda co que non, pezas que non teñen prezo para Pablo: “Ou véndese toda a colección ou non se vende nada, que empezas a quitar e a desmantelas”.

As vitrinas ordenan a colección por épocas, e agochan só pezas naturais. Algunhas das réplicas, que tamén hai, colocadas enriba, se foran orixinais, valerían millóns de euros. Hai esqueletos, ovos e vexetación, coma un tronco de palmeira que xerminou millóns de anos antes da nosa existencia.

O máis recente, un corno de mamut de fai uns miles de anos, o máis antigo, un fondo mariño de fai 175 millóns de anos, na época do Xurásico Tardío, momento de esplendor dos dinosauros por terra, mar e aire; e de separación en dous do continente único, Pangea.

Pablo leva uns 25 anos coleccionando, comezou por pura casualidade. Fai 30 anos foi a ao monte a dar un paseo, atopouse uns restos de fentos e parecéronlle bonitos. Comentouno cunha bióloga e a experta díxolle que eran fósiles, e moi valiosos. E el contestou: “pois hai unha montaña que está chea deles”.

Pablo pecha a súa exposición no inverno, con algunha excepción se paran cruceiros no porto, e tena aberta no verán. Esta tenda é un espazo no que converxen o ánimo de lucro co sentimentalismo máis estrito e a paixón pola natureza, para sorpresa dos visitantes.

Fósiles coma os seus cada vez valen máis, posto que os controis para a extracción fanse máis esixentes. De feito, seu dinosauro da China xa valería tres veces máis do que lle custou, miles de euros, e aínda así non o vendería, nin por máis, garante.

Xente de todas partes chega á súa tenda e sorpréndese ao descubrir o seu tesouro oculto, descoñecido incluso para os propios cidadáns vigueses.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...