InicioSociedadeO Concello de Vigo colocará unha placa en memoria dos falecidos na...

O Concello de Vigo colocará unha placa en memoria dos falecidos na traxedia do río Órbigo

Realizarase unha ofrenda floral, de forma simultánea co acto que se celebrará, á mesma hora, en Santa Cristina de la Polvorosa (Zamora).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo renderá homenaxe de forma permanente aos 49 falecidos (45 nenos e 4 adultos), integrantes dunha expedición escolar viguesa, que perderon a vida no río Órbigo hai 40 anos, cunha placa que se colocará na ‘lonxa’ municipal.

Segundo informou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, o vindeiro mércores, ás 16,30 horas, descubrirase esa placa, na entrada do consistorio, e realizarase unha ofrenda floral, de forma simultánea co acto que se celebrará, á mesma hora, en Santa Cristina de la Polvorosa (Zamora), e ao que acudirán os edís vigueses Olga Alonso e Ángel Rivas.

“Queremos que sexa un acto de conmemoración, para transmitir a nosa dor, recordo e respecto“, apuntou o rexedor, quen confirmou que, nesta homenaxe, participarán profesores do colexio Vista Alegre, de onde eran os alumnos e docentes que faleceron no accidente de autobús.

O sinistro produciuse sobre as 16,30 horas do 10 de abril de 1979, cando o autocar no que viaxaban case 60 persoas, e que regresaba dunha viaxe escolar a Madrid, chocou contra o muro dunha ponte e caeu ás augas do río Órbigo. No accidente morreron 45 nenos e 4 adultos.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...