InicioSociedadeO Meixón do Miño protagonista gastronómico de Tui até o 29 de...

O Meixón do Miño protagonista gastronómico de Tui até o 29 de abril

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pasado sábado arrancaba en Tui a Festa do Meixón que se prolongará até o 29 de abril coincidindo coas festas de San Telmo. Tras la presentación realizada o pasado venres en Tui, o sábado o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto o concelleiro de cultura, Eduardo Freiría, desprazáronse até Ourense para presentar tamén alí este festexo gastronómico xunto ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, co obxectivo de promocionar o evento tamén a nivel galego.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, deu conta dos pormenores dun festexo que potencia un dos produtos gastronómicos da cidade, e que se suma o atractivo turístico de Tui xunto ao seu patrimonio, natureza e cultura. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, convidaba a todos os ourensáns a “desfrutar da riqueza gastronómica de Tui, acompañada dun bo viño como terra de viños que é Galicia”.

A Festa do Meixón estase a celebrar en seis restaurantes no Asador Paulo, O Novo Cabalo Furado, Cruceiro do Monte, El Molino, La de Manu, e o Parador de Turismo San Telmo. Nos mesmos poderase desgustar unha ración de meixón, en cazola conmemorativa,  con pan e unha copa de viño da adega Vimbio por un prezo 55€.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...