InicioMedio Ambiente e PatrimonioInvestígase a presenza de lindano canceríxeno en Mos

Investígase a presenza de lindano canceríxeno en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente ampliará as súas zonas de investigación para determinar a posible presenza de lindano no concello de Mos. A Consellería xa presentou un avance dos resultados do estudo que se está a desenvolver neste concello pontevedrés desde o pasado febreiro.

As análises das mostraxes de auga e terra recollidas en distintos puntos do municipio non presentan niveis de lindano por riba dos limiares fixados pola normativa, aínda que se detectaron trazas desta substancia nalgunha mostra puntual. A comisión de seguimento de lindano volverá reunirse o vindeiro mes de maio e continuará a facer un seguimento periódico da situación.

 A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de propoñer dita ampliación da investigación ao Concello de Mos. Así llo trasladou hoxe a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, María Cruz Ferreira Costa, á comisión de seguimento da posible contaminación por lindano do Concello de Mos.

Durante a reunión, déronse a coñecer os resultados das analíticas realizadas nas zonas do concello identificadas na planificación inicial (San Rafael, Cristo de Belén e Sanguiñeda) e tamén noutros puntos (Camiño da Fábrica-Pereiras) que non estaban previstos inicialmente pero que se incorporaron á investigación por acordo da comisión celebrada en marzo.

continúan as análises

Así, María Cruz Ferreira precisou que as trazas de lindano foron localizadas, concretamente, no vial que baixa paralelo ás antigas instalacións de Zeltia e na Rotonda da Costilleta, puntos que seguirán sendo obxecto de seguimento e vixilancia por parte da Consellería de Medio Ambiente, que tamén ten prevista a ampliación das zonas obxecto de investigación co fin ofrecer as máximas garantías desde un punto de vista ambiental.

Neste sentido, Ferreira trasladou que, se ben non se ten constatado a existencia de ningún foco de contaminación importante, os indicios acumulados aconsellan ampliar a investigación nas zonas onde se evidenciou a presenza de trazas de lindano. Tal e como se acordou durante a propia comisión, os novos puntos do concello de Mos a investigar serán Fondo de Atín (Cela) e Pozo Negro (Petelos).

Por outra banda, María Cruz Ferreira volveu trasladar a máxima colaboración da Xunta co Concello de Mos a través da comisión de seguimento, constituída o pasado 7 de febreiro e na que participan varias asociacións de veciños, membros de todos os grupos políticos da corporación municipal, da empresa que está a realizar a toma de mostras e da propia Consellería de Medio Ambiente.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...