InicioVigo e contornaVigoO PSOE cuantifica os asistentes ao mitin de Casado en Vigo: "Foron...

O PSOE cuantifica os asistentes ao mitin de Casado en Vigo: “Foron 453 e un estrepitoso fracaso”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSOE de Vigo cualificou de “estrepitoso fracaso” o acto celebrado este domingo na cidade no que participaron o líder do PP, Pablo Casado; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e a candidata do PP á Alcaldía olívica, Elena Muñoz.

Segundo o secretario da agrupación socialista viguesa, Abel Losada, “a pesar das medias verdades e das fotos trucadas“, os asistentes a ese acto “foron 453”, nunha cidade de case 300.000 habitantes e nunha área metropolitana de medio millón de persoas.

Isto, incidiu, “mostra o rexeitamento e as costas que a cidade lle dá ao PP e ao seu proxecto para España e para Vigo”. “É un partido que se enfronta aos grandes obxectivos estratéxicos, pon paus na roda e dificulta desde as administracións que controla, como a Xunta de Feijóo, o desenvolvemento económico, urbano e social da cidade”.

Finalmente, Abel Losada sinalou que os ‘populares’ pretenden “blanquear unha realidade dura para o PP na cidade de Vigo” e que os cidadáns son conscientes, por iso “deixan baleiras as súas convocatorias”.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...