InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs animalistas queren acabar coa discriminación aos cabalos, esquecidos pola Lei de...

Os animalistas queren acabar coa discriminación aos cabalos, esquecidos pola Lei de Benestar Animal

A presión busca lograr cambios lexislativos que melloren a situación dos équidos na nosa terra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“A necesidade dunha Lei de Protección Equina parecería darse por descontada á luz dos continuos casos de cabalos con cepos nas súas patas que a Policía Local de Moaña e colectivos como a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, a través da súa web www.senpexas.info reciben cada pouco tempo localizados nos montes de Domaio, pero tamén no resto da provincia de Pontevedra”, subliñan os animalistas.

Só a liña de denuncias anónimas dos animalistas, aseguran, rexistrou 161 indicios desde 2011, que se corresponden con máis de trescentos équidos con toda clase de artefactos atados ás súas patas, desde as coñecidas popularmente como ” pexas” ou “trancas” ata cadeas e cordas camufladas con anacos de mangueira, que empregan algúns gandeiros para dificultar os avistamentos e as posteriores intervencións de liberación.

Cabalo e nenos / Miguel Núñez

O último caso rexistrado a pasada semana, onde axentes da Policía de Moaña documentaron a unha manda onde parte dos animais estaban parcialmente inmobilizados, foi aplaudido polos colectivos animalistas, que reclaman unha norma propia pero tamén a cooperación activa da Xunta fronte a estes casos de malos tratos continuados.

A colocación de pexas pode supoñer para o gandeiro a comisión dun delito de malos tratos animais, penado con ata 2 anos de prisión e a inhabilitación por un máximo de 36 meses para a tenencia, exercicio de profesión ou comercio de animais. Esta responsabilidade podería ver sumada a comisión dun delito contra a seguridade viaria se o animal causase un accidente ou fóra detectado sobre a calzada.

Cabalos/ Miguel Núñez

Neste sentido, a proposta de FFW e LIBERA! expón sancións similares á da actual Lei de Benestar Animal, onde os équidos están excluídos, pero que expón por malos tratos a outras especies ata 10 anos de inhabilitacións e sancións de ata 30.000 euros nos casos máis graves.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...