InicioSociedadeO CEIP Ramiro Sabell de Ponteareas incorpora técnicas de terapia asistida con...

O CEIP Ramiro Sabell de Ponteareas incorpora técnicas de terapia asistida con cans

Apostan por esta terapia como reforzo para o alumnado con características específicas como o autismo, discapacidades varias ou trastornos de atención, entre outros aspectos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concellería de Ensino do concello de Ponteareas apúntase ás técnicas de aprendizaxe máis novidosas e as oferta aos centros educativos de Pontearas para dotalos de novas ferramentas educativas.

O CEIP Mestre Ramiro Sabell acolleu con ilusión a proposta da concelleira Cristina Fernández de incorporar no seu currículum a terapia asistida con cans para alumnos con necesidades específicas.

Deste xeito, Eco e Uma visitan o colexio cada semana para traballar en equipo co alumnado de infantil e primaria que precisa da súa axuda. Guiados pola psicóloga Eugenia Correas e a técnico Julia Correa, de Yaracán, estes dous labradores son especialistas en acadar obxectivos en grupo dentro das clases de terapia complementaria que este centro xa integrou.

Aprender a valorar ao resto dos membros do equipo, saber empatizar, dar oportunidades, repartir tarefas e un sinfín de técnicas didácticas que se producen nestas clases nas que a emotividade xoga un papel esencial.

Segundo explica a concelleira, as intervencións asistidas con animais intégranse nun proceso terapéutico e educativo e están deseñadas para mellorar o funcionamento cognitivo, físico, social ou emocional dunha persoa, cuns obxectivos específicos delimitados no tempo e criterios médicos ou educativos de avaliación.

Cristina Fernández apostou por esta terapia como reforzo para o alumnado con características específicas como o autismo, discapacidades varias ou trastornos de atención, entre outros aspectos.

Despois do éxito acadado no curso pasado coas primeiras visitas dos profesionais de Yaracan aos colexios, Fernández Dávila non o dubidou e propuxo á dirección do Ramiro Sabell contar cunha nova experiencia didáctica para os nove alumnos con necesidades especiais que o director do centro, Jose Antonio Dacuña valora positivamente destacando que se conseguiron os obxectivos marcados e que foi moi beneficioso para o alumnado.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...