InicioSociedadeMarea de Vigo pide aproveitar o espazo da Panificadora porque "o 80%...

Marea de Vigo pide aproveitar o espazo da Panificadora porque “o 80% está baleiro”

Logo de descartarse a instalación da Biblioteca do Estado neste lugar, "hai que encher de contido" o edificio, "e facelo xa, antes da modificación do PEPRI do Casco Vello", demandou Rubén Pérez Correa

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo urxiu que se concrete o contido do ámbito da Panificadora antes de emprender a súa rehabilitación xa que, unha vez que se descarta instalar alí a Biblioteca do Estado, “o 80 por cento está baleiro”.

Así o trasladou en rolda de prensa o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, quen apuntou que a recuperación desa zona é “un comodín” que o goberno local saca á palestra pública en épocas electorais, como fixo nas citas de 2007, 2011 e 2015.

Segundo lembrou, en 2016 convocouse un concurso público de ideas para a súa rehabilitación e o proxecto gañador incluía un espazo destinado á Biblioteca do Estado. Porén, esa dotación cultural farase nos terreos municipais anexos aos actuais xulgados, segundo proclamou o alcalde, Abel Caballero.

Agora que a Xerencia de Urbanismo aprobará inicialmente o proxecto de rehabilitación (está á espera do informe da Xunta de Galicia), “ábrese o debate sen saber que facer cos 10.000 metros cadrados de edificabilidade dese ámbito“. “Non cometamos o erro de expor a rehabilitación sen saber o contido dese espazo, quedándonos só co continente”, pediu Pérez Correa.

O portavoz de Marea de Vigo defendeu que A Panificadora se convirta nunha “gran dotación pública”, pero insistiu en que “hai que enchela de contido, e facelo xa, antes da modificación do PEPRI do Casco Vello“. “Agora mesmo, o 80 por cento do ámbito está baleiro”, recalcou, tras constatar que a Biblioteca do Estado non estará nese espazo.

Por outra banda, Rubén Pérez tamén requiriu que se informe sobre o estado dos edificios e daqueles elementos que se pretenden conservar, como os silos.

ÚLTIMAS

Vigo aproba o retranqueo dos colectores de Balaídos para ampliar Tribuna cara ao Mundial 2030

O goberno de Vigo aprobará finalmente este venres o proxecto para o retranqueo dos...

A investigación polo accidente mortal no Saltamontes de Matamá encara a súa recta final

A investigación xudicial do accidente mortal ocorrido na atracción Saltamontes, en agosto de 2024,...

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Unha condutora resulta ferida tras facer un trompo e saírse da vía na VG-20 ao seu paso por Vigo

Unha condutora resultou ferida na tarde deste xoves en Vigo tras saírse da vía...