InicioSociedadeO dono da pirotecnia La Gallega, causante da explosión de Paramos, xa...

O dono da pirotecnia La Gallega, causante da explosión de Paramos, xa está en liberdade

Quedou demostrado que o acusado almacenaba produtos ou material pirotécnico sen salvagardar as condicións de seguridade e sen ningún control administrativo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Tui acordou a liberdade provisional do dono da pirotecnia La Gallega e dun dos almacéns que explotou en Paramos en maio do ano pasado. A maxistrada impúxolle a obriga de comparecer na sede do xulgado os días 1 e 15 de cada mes e retiroulle o pasaporte. No auto a instrutora asegura que o mantemento da medida cautelar de prisión provisional resultaría “excesivo e desproporcionado, máxime cando non se reúnen os preceptos legais que poidan amparalo”.

A xuíza indica que “transcorreron case nove meses desde o acaecemento dos feitos e, polo tanto, desde que o investigado ingresou en prisión”, á vez que destaca que a instrución está “practicamente finalizada”. Así, especifica que para a súa conclusión resta “a valoración pericial final dos danos materiais producidos a consecuencia da explosión, a sanidade definitiva dalgúns lesionados e a realización do ofrecemento de accións a un centenar de prexudicados, puntos, todos eles, que inciden máis ben na envergadura da responsabilidade civil derivada do delito que na relevancia penal dos feitos”.

Neste momento procesual a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Tui descarta que o investigado poida “ocultar, alterar ou destruír fontes de proba”. Así, resalta a “evidencia dos feitos acaecidos, posto que a proba de que detiña e almacenaba produtos ou material pirotécnico sen salvagardar as condicións de seguridade e sen ningún control administrativo se puxo de manifesto coa explosión da nave sita en Paramos, onde tiña, presuntamente, almacenado material explosivo”.

Can trala explosión pirotécnica en Tui
Can trala explosión pirotécnica en Tui / Miguel Núñez

“Non se coñecen outros establecementos clandestinos que o investigado puidese ter utilizado cos mesmos fins, de maneira que creban os preceptos que fundamentaron no seu día a adopción da medida cautelar persoal de prisión preventiva”, sinala a xuíza, quen tamén considera “inexistente” o risco de reiteración delituosa trala demolición das instalacións da pirotecnia La Gallega.

Trala explosión da nave de Paramos o sospeitoso quedou en liberdade provisional, pero catro días despois, ao descubrirse novos depósitos ilegais de material explosivo, o xulgado acordou o seu ingreso en prisión provisional. A xuíza asegura no auto que os feitos investigados presentan os caracteres de delito de risco catastrófico na súa modalidade de delitos de risco provocados por explosivos e outros axentes (castigado con ata tres anos de cárcere) e un delito de estragos por imprudencia grave (castigado con ata catro anos), en concurso con dous delitos de homicidio imprudente (castigados con ata catro anos) e varios delitos de lesións imprudentes (castigados con penas de privación de liberdade de ata seis meses).

tragedia tui
Efectos da explosión da pirotecnica de Tui / Miguel Núñez

A instrutora subliña que hai “indicios racionais suficientes” para sinalar ao investigado como “o único responsable da almacenaxe das substancias e a única persoa que, presuntamente, coñecía a existencia e destino do almacén e frecuentaba a dita nave.”

O auto sinala que o Ministerio Fiscal solicitou o mantemento da prisión provisional comunicada e sen fianza, unha petición á que se adheriu un dos letrados da acusación.

ÚLTIMAS

A Audiencia ordena reabrir a causa polo accidente do Marisquiño e pide concretar posibles responsables penais

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra estimou parcialmente os recursos interpostos por...

Buscan a unha muller de 41 anos desaparecida en Vigo desde este domingo

A asociación SOS Desaparecidos fixo pública unha alerta sobre a desaparición da viguesa Andrea...

Persoal da concesionaria de cociña dos hospitais vigueses denuncia deficiencias no servizo

O persoal da concesionaria da cociña dos hospitais públicos de Vigo iniciou mobilizacións para...

Vigo destinará 468 millóns ao novo contrato de bus urbano, que comezará en 2026 e durará 9 anos

O Portal de Contratación do Estado publicou o anuncio previo do expediente de contratación...