InicioSociedadeO berro silencioso dos autónomos: "Trátannos como cidadáns de segunda, somos a...

O berro silencioso dos autónomos: “Trátannos como cidadáns de segunda, somos a hucha do Estado”

"Aprovéitanse de que non temos unión", defenden desde Autónomos Unidos Para Actuar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A autónoma viguesa Graciela Martínez Fernández é cofundadora da asociación AUPA (Autónomos Unidos Para Actuar) a nivel nacional, e a súa coordinadora a nivel galego. Naceron como ‘grupo de presión’ grazas á rede de redes, cando se xuntaron a través de Internet e Facebook varias persoas con intereses comúns.

Un ano despois xa eran 37.000, e suman na actualidade uns 42.000 membros para loitar pola causa. Pertencen a sectores tan distintos como a perruquería, a carpinteiría, fotografía, electricidade…

Aseguran ter moitas razóns para queixarse: “Os autónomos, ata se collemos unha baixa, o cal xa e rarísimo, seguimos pagando as cotas, como se estivéramos xerando diñeiro. Por exemplo, o meu marido está de baixa e máis da metade do que cobra por ela, 500 euros e algo, vanse en pagar a cota de autónomos, eses 368 euros. Se pechamos por vacacións, que tamén é raro, igual. Vémolo como unha inxustiza”, destaca.

“Daste de alta como autónomo o día 15, e tes que pagar a cota de todo o mes; hai quen traballa só os findes, e xa por iso estás obrigado a pagala tamén enteira… E agora subiron a cota coa excusa do dereito ao paro, cando é un dereito que xa deberíamos ter de por si“, engade.

Concentración de AUPA en Vigo/ Miguel Núñez

Segundo defende Graciela, “aprovéitanse de que non temos unión, e é o que queremos fomentar, unirnos para defendérmonos. Cando nos concentramos o día 15 de febreiro fronte ao Museo Marco, moita xente non acudiu porque dicía que non podía permitirse o luxo de cerrar toda a mañá. Trátannos como cidadáns de segunda, se os políticos precisan diñeiro, acuden sempre a nós”.

Por outra banda, Graciela asegura que tentan ser apartidistas e apolíticos: “Eu teño a miña ideoloxía e cada un a súa, pero unha vez estás dentro de AUPA tes que apartarte de todo iso. E está visto e comprobado que ningún partido nos defende. A política, a relixión e o fútbol, mellor apartalos da conversa”.

Concentración de AUPA en Vigo/ Miguel Núñez

Preguntada sobre as constantes bromas sobre os autónomos, cuxa mala situación converteuse case nun tema cómico, a coordinadora en Galicia de AUPA considera que “hai xente que coas parodias ri e outras que non, pero son a cruda realidade”. Graciela denuncia a excesiva burocracia e os excesivos pagos: “Non comezas a traballar e xa son todo débedas”.

De feito, eles constituíronse como asociación “gracias á bendita burocracia deste país”, salienta Graciela: “Non nos quedou outra, para poder ter un seguro de responsabilidade civil e celebrar as concentracións”.

 

“Aínda que moita xente non o crea, somos os que estamos erguendo ao país, mentres as grandes empresas tributan fóra, ou ameazan con facelo se non lles consinten calquera cousa. Somos a hucha do Estado”, subliña.

Agora pensan en como programar unha gran manifestación en Madrid, trala boa repercusión das concentracións a pequena escala organizadas a nivel nacional: “En Navalvillar de Pela (Badajoz), un pobo de pouco máis de 4000 habitantes, todos os autónomos pecharon, saíron á rúa. Ninguén os convocara, simplemente viran os carteis”.

Concentración de AUPA en Vigo/ Miguel Núñez

“Non podemos ser só 42.000, temos que ser moitos máis, para que nos fagan caso”, engade. Na búsqueda deste obxectivo, realizan o seu labor de forma altruísta. Os socios só pagan unha pequena cota simbólica anual de 16 euros para afrontar costes de seguros, cartelería, pancartas… Continúan o camiño. A forca é o seu símbolo.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...