InicioEconomíaCentos de persoas piden en Vigo a fin da peaxe a Redondela

Centos de persoas piden en Vigo a fin da peaxe a Redondela

Esixiron a conversión da AP-9 en tramo urbano desde as Torres de Padín a Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Supresión da peaxe de Rande, autoestrada urbana desde Padín”. Baixo ese lema varios centos de persoas se manifestaron este sábado polas rúas de Vigo para reclamar a supresión da peaxe da AP-9 en Redondela.

“El pueblo unido, jamás será vencido”, “Non máis promesas, queremos solucións” ou “E que carallo pasa co atraco de Audasa” foron algúns dos lemas que se corearon na protesta na que participaron dirixentes políticos das forzas con representación no consistorio vigués.

Protesta para reclamar a supresión da Peaxe a Redondela / Miguel Núñez

A protesta foi organizada polas asociacións de veciños das parroquias de Teis (Vigo) e Chapela (Redondela), cuxos representantes, Marcial Pérez e Anxo Igrexas, defenderon que, para satisfacer esta demanda, só fai falta “vontade política”. Tamén se sumaron a ela a Federación Veciñal Eduardo Chao (Favec) de Vigo e a Asociación de Transportistas da provincia de Pontevedra (Asetranspo).

Manifestación contra a peaxe a Redondela da AP-9 / Miguel Núñez

Ademais da supresión da peaxe, os representantes veciñais esixiron a conversión da AP-9 en tramo urbano desde as Torres de Padín a Vigo co fin de desconxestionar o tráfico nos barrios de Teis e Chapela, así como a instalación de pantallas acústicas.

Integrantes de En Marea na manifestación contra a peaxe de Redondela / Miguel Núñez
Elena Muñoz e outros cargos do PP na manifestación en contra da peaxe da AP-9 / Miguel Núñez

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...