InicioMedio Ambiente e PatrimonioMonte Real Club de Yates reforesta Baiona con carballos para reducir os...

Monte Real Club de Yates reforesta Baiona con carballos para reducir os incendios e a pegada de CO2

Polas súas actuacións, o club gañouse unha distinción especial de Coca Cola.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha vintena de alumnos da Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, acompañados por un grupo de voluntarios, autoridades e membros do club, plantaron esta mañá de mércores en Baiona 200 árbores autóctonas.

Fixérono co obxectivo de reforestar e devolver vida a un terreo próximo á Virxe da Roca, un dos monumentos máis destacados da vila mariñeira, que quedou calcinado durante a vaga de incendios rexistrada en outubro de 2017.

“A reforestación realizouse con carballos autóctonos dado que é unha especie que tarda máis en arder e non favorece a expansión dos incendios, a diferenza de especies pirófilas como o eucalipto ou o piñeiro”, subliña.

Ademais de paliar a expansión do eucalipto, unha árbore moi inflamable que pola súa rendibilidade económica e o seu fácil e rápido crecemento estendeuse moito en Galicia, o Monte Real Club de Yates tentou compensar tamén a súa pegada anual de carbono, estimada en case 12 toneladas de CO2.

Segunda xornada da enorme vaga de lumes que arrasou Galicia en pleno mes de outubro / Miguel Núñez.

Durante o desenvolvemento da actividade reforestadora, o presidente e vicepresidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez e Alejandro Retolaza, recibiron de mans da responsable de comunicación de Coca Cola European Partners, María Troncoso, o selo “Evento con bo ambiente Coca Cola”.

Trátase dunha distinción que recoñece a institucións, entidades e iniciativas polo seu respecto ao medio ambiente, concienciación ambiental e compromiso social; e que neste caso distingue ao club baionés non só pola reforestación realizada hoxe en Baiona senón pola suma de actuacións realizadas ao longo de 2018.

Entre as medidas postas en marcha polo club destacan a instalación de puntos de reciclaxe, a promoción de charlas sobre sensibilización ambiental, a programación de xornadas de limpeza de praias ou a contratación de persoal de difícil inserción social.

A Escola de Vela Adaptada do club para persoas con discapacidade, a limpeza constante durante os eventos, o feito de evitar usar artigos desechables e o minimizar os materiais fornecidos aos participantes foron outras das actuacións valoradas por Coca Cola á hora de outorgarlle o seu selo ao Monte Real.

Actividade do Monte Real Club de Yates/ Rosana Calv

O club suma esta nova distinción ás de Bandeira Azul, que mantén desde 1988; a Q de Calidade Turística, que recibiu en 2018; ou o recoñecemento da ADEAC pola eliminación de barreiras arquitectónicas e atención a persoas con discapacidade.

Ademais do presidente e vicepresidente do Monte Real Club de Yates, José Luis Álvarez e Alejandro Retolaza; e a responsable de comunicación de Coca Cola European Partners, María Troncoso; na reforestación levada a cabo polos alumnos da Escola de Vela MRCYB, participaron tamén o alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o presidente do Centro Juan María de Nigrán, José Santoro; e varios membros da Comunidade de Montes de Santa María de Afora.

ÚLTIMAS

Vigo destinará 468 millóns ao novo contrato de bus urbano, que comezará en 2026 e durará 9 anos

O Portal de Contratación do Estado publicou o anuncio previo do expediente de contratación...

Ferido un septuaxenario en Mos despois de que o seu fillo o asperxese con gasolina e lle prendese lume

Un home de 78 anos de idade resultou ferido na tarde deste pasado luns...

O acusado de abusar do fillo da súa parella en Vigo négao: “Xamais, (…) a súa nai mataríame”

Un home xulgado en Vigo por un suposto delito continuado de agresión sexual ao...

O goberno municipal confirma que o novo PXOM de Vigo necesita algunhas “correccións rápidas” antes da súa aprobación definitiva

O goberno municipal de Vigo deu conta este martes, no Consello da Xerencia de...