InicioVigo e contornaVigoLópez Font sobre as comparecencias do Concello na comisión do Marisquiño: "É...

López Font sobre as comparecencias do Concello na comisión do Marisquiño: “É evidente que gañamos”

O portavoz do goberno local afirmou que os representantes dos outros partidos estaban "rabiosos", porque as súas declaracións e as de Abel Caballero "desmontaron o que estiveron mantendo [esoutras forzas políticas] durante meses"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz do goberno local de Vigo e concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, asegurou que, na súa comparecencia e na do alcalde, Abel Caballero, ante a comisión parlamentaria que investiga o accidente de O Marisquiño, “quedou todo claro”: “É evidente que gañamos”.

Así o manifestou o edil socialista nunha rolda de prensa, na que recalcou que “quedou claro o que xa sabe toda a cidade, que o que se afundiu foi un peirao propiedade do Porto”. “Tamén quedou moi claro todo o que ten que ver coa autonomía local, que está recollida na Constitución e que hai que respectar”, engadiu.

Segundo o portavoz do goberno municipal, as formacións políticas que participan na comisión e, singularmente o PP, “buscaban unha escenificación” e “é evidente que, nese terreo, gañou este goberno, con toda a verdade”. “É evidente que gañamos, a verdade imperou onte”, insistiu.

López Font acusou eses partidos de pretender “gañar nunha cazaría política o que non gañaron nas urnas”. “Só había que ver as caras, eran tremendas, fóronse mudando”, incidiu, e afirmou que “foi produto do nerviosismo”. Segundo recalcou, “estaban rabiosos, porque o que se dixo (pola súa banda e por parte do alcalde na comisión) desmontou o que estiveron mantendo durante meses”.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...