InicioDeportesA dirección do Celta esquécese de Vigo e aposta claramente por Mos

A dirección do Celta esquécese de Vigo e aposta claramente por Mos

A nova cidade deportiva do Celta en Mos, con oito terreos de xogo, avanza a pasos de xigante. Será un mega complexo con zona comercial, pistas de pádel e tenis, piscina, residencia, cafetería- restaurante, tenda do club, universidade do deporte, pavillón deportivo multiusos e varios ximnasios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron esta mañá de martes as obras da nova cidade deportiva do club celeste, “un proxecto vital para o futuro da entidade e o desenvolvemento dun dos seus alicerces básicos, a canteira”, defende a rexedora mosense.

A parroquia de Pereiras acolle esta primeira fase das obras de construción da cidade deportiva que, “en base á licenza obtida, consiste na execución dos campos destinados ao fútbol profesional e as instalacións necesarias para o seu óptimo funcionamento”, subliñan desde o Concello de Mos.

Mouriño e Nidia Arévalo, no acto deste martes 19 de febreiro/ Miguel Núñez

Na actualidade, xa están a realizarse traballos de movemento de terras e terraplenado, e a preparación necesaria para levantar os muros perimetrais que sosterán as plataformas onde irán situados os campos de xogo.

Mouriño e Nidia Arévalo, no acto deste martes 19 de febreiro/ Miguel Núñez

De maneira inmediata, comezarán as obras de mellora das captacións de auga existentes no terreo. Á visita ás obras acudiron tamén representantes do Concello de Mos e das comunidades de augas e montes da localidade, ademais do arquitecto Jesús Irisarri.

os terreos

“O proxecto para a cidade deportiva do RC Celta, obra de Irisarri e Piñera, colma as expectativas do RC Celta para desenvolver unha cidade deportiva respectuosa ao máximo co medioambiente e con sobrada capacidade para satisfacer de maneira brillante as necesidades tanto da canteira como do primeiro equipo”, destacan desde Mos.

Mouriño e Nidia Arévalo, no acto deste martes 19 de febreiro/ Miguel Núñez

A innovadora cidade deportiva do RC Celta en Mos contará, entre outras dotacións, con oito terreos de xogo (catro naturais e catro artificiais), zona de tecnificación, zona de praia para rehabilitación e outras actividades, estadio con capacidade mínima para 4.000 espectadores, pistas de pádel e tenis, piscina, residencia, cafetería- restaurante, tenda do club, universidade do deporte, pavillón deportivo multiusos e ximnasios.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...