InicioDeportesProtestas contra a xuntanza do PP na sede do Celta liderada por...

Protestas contra a xuntanza do PP na sede do Celta liderada por Pablo Casado

PUBLICADO O

- Advertisement -

En non poucas quinielas apostárase por que a reunión en Vigo de Elena Muñoz, Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado, principais puntais do PP en Vigo, Galicia e España respetivamente, provocaría algún alboroto. Foi unha xuntanza que traía por lema ‘La unidad de España’, no contexto político do xuízo ao proceso independentista catalán e a posible convocatoria de eleccións por parte do presidente do goberno.

Se ben Casado aínda é unha cara nova, Feijóo leva ás costas o castigo de gran parte da sociedade viguesa, e non é visto con bos ollos pola meirande parte da poboación. Pésalle unha sanidade pública en constante punto de erupción ou a aposta por outros aeroportos e non Peinador, entre outros temas de relevancia social.

O PP exhibe aínda músculo en Galicia a pesar de todo, dos escándalos de corrupción desvelados nos últimos anos, e da aparición de Ciudadanos ou Vox, sen forza polo momento no lugar de Breogán. Pero non así en Vigo, onde a Abel Caballero, que segundo as enquisas podería repetir a maioría aboluta, tampouco lle afecta a desafección polo goberno de Sánchez, como unha figura que vai máis aló do partido.

Así, para este xoves podían predecirse mobilizacións, entre o tema do independentismo e a unidade, que trae confrontación e puntos de vista moi dispares; e o mal momento no que se atopa o Partido Popular na cidade olívica. Pero á ecuación sumouse un tercer ingrediente, tampouco inesperado: o malestar dos celtistas.

O Celta é un club quebrado por varios aspectos. O seu actual presidente, Carlos Mouriño, non esconde o seu apoio ao partido de Casado e Feijóo, como pode verse no proxecto da cidade deportiva e comercial en Mos, gobernado por Nidia Arévalo (PP) , ou en que a conferencia da que falamos se celebrara na sede do Celta na Rúa do Príncipe.

Para moitos seareiros, e máis no actual estado do equipo, no precipicio dos postos de descenso, que se empregue a tenda e oficina do equipo para eventos políticos vai en contra dos valores deportivos. Máis aló, cando as peñas celtistas, sobre todo as chamadas ‘ultras’, foron historicamente de esquerdas, e incluso nacionalistas.

As gradas de animación dos equipos tenden a polarizarse nos extremos, xa sexa pola dereita (Real Madrid ou Atlético de Madrid, por exemplo), ou pola esquerda, coma nos dous principais equipos galegos. Basta pensar naquela tristemente recordada pelexa entre afeccionados do Atlético e o Dépor á orilla do río Manzanares, que se saldou cunha vítima mortal.

Pero, por suposto, a protesta non veu só dos sectores máis ‘radicais’ do celtismo senón un espectro máis amplo de persoas. En calquera caso, que o Partido Popular empregara un lugar de encontro tan pouco ortodoxo xa fala moi ás claras dos poucos apoios cos que conta o Partido Popular en Vigo, máis desgastado polo labor de Feijóo desde a Xunta, a centos de quilómetros, que o Caballero tras anos de traballo na propia cidade.

Noutras palabras: Casado e os seus non teñen ningún outro lugar de reunión en Vigo, nin propio nin en réxime de aluguer, que a sede dun club en crise cunha base social que nin sequera comulga, polo xeral, cos seus ideais.

E, en todo caso, é o fútbol política?

ÚLTIMAS

Concello e deputación acordan reformar a bancada de Gol en Balaídos

A Xunta de Goberno do Concello de Vigo deu este luns luz verde ao...

O Concello de Vigo di que o PP minte sobre as prazas de funcionarios e vincula as vacantes “coa lei Montoro”

O goberno municipal de Vigo acusou ao PP de "mentir deliberadamente" sobre a cobertura...

Tres detidos en Portugal e máis 1.000 quilos de cocaína intervidos nos portos de Sines e Vigo

Unha investigación posta en marcha pola Polícia Judiciária de Portugal e que contou coa cooperación da...

Detectado e eliminado un punto de vertedura de augas residuais en Redondela

Os técnicos do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, detectaron un...