InicioSociedadeRyanair trasladará a Santiago os voos desde Vigo a Barcelona e Londres...

Ryanair trasladará a Santiago os voos desde Vigo a Barcelona e Londres tras abandonar Peinador

O PP di que a marcha de Ryanair de Vigo é pola política "curtoplacista" do alcalde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ryanair confirmou o pasado venres a través dunha carta ao Concello de Santiago a súa intención de trasladar a Lavacolla as ligazóns a Barcelona e Londres que elimina de Vigo tras a súa decisión de deixar de operar no aeroporto de Peinador.

Así o confirmou este luns, en declaracións aos medios, a edil de Turismo de Santiago, Marta Lois, que precisou que, “de momento”, as ligazóns que comezarán en Santiago serán os de Barcelona e Londres. Esta decisión é, para Lois, unha “moi boa noticia” para o aeroporto compostelán, que o reforza como “referente de conectividade internacional e nacional” e “potencia aínda máis” as súas operacións.

Finalmente, a concelleira rexeitou a actitude do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que o fin de semana “deslizaba que quizais era a Xunta a que estaba detrás da decisión de traer a operativa a Santiago”. Marta Lois negou este extremo e afeou a Caballero que “non queira asumir a súa mala xestión na política aeroportuaria” fronte á “potencia” de Lavacolla e o “bo traballo equipo de goberno”.

CRÍTICAS DO PP

Por outra banda, a portavoz do Grupo Municipal Popular da cidade olívica, Elena Muñoz, defendeu que sexan “os vigueses” os que decidan as rutas aéreas en lugar das compañías. Nunha rolda de prensa, dixo que Ryanair se suma á lista de compañías que puxeron fin ás súas conexións coa urbe galega, “como Vueling, TAP Air Portugal e Volotea”.

Ao seu xuízo, este problema débese ao proxecto “cortoplacista” posto en marcha por parte do Goberno local, fronte ao que apostou por “traballar para garantir a viabilidade no medio e longo prazo” de Peinador.

ÚLTIMAS

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...

Plan Camgal en nivel 1 por vertedura do depósito de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...