InicioSucesosCaeu en Vigo o raia coches... e tamén o ladrón de barcos,...

Caeu en Vigo o raia coches… e tamén o ladrón de barcos, sorprendido no camarote dun iate

Axentes da Policía Nacional de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 35 anos de idade, como presunto autor dun roubo con forza, tras sorprendelo acazapado no camarote dun barco, no interior dunha nave dedicada ao mantemento de embarcacións de recreo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 35 anos de idade, como presunto autor dun roubo con forza, tras sorprendelo acazapado no camarote dun barco, no interior dunha nave dedicada ao mantemento de embarcacións de recreo. Este home conta con 29 antecedentes e xa protagonizara accións similares.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na madrugada deste venres, cando unha dotación do 091 trasladouse a unha nave dedicada ao mantemento e reparación de barcos de recreo no Camiño do Laranxo porque saltara unha alarma.

Unha vez alí, os axentes entrevistáronse cun traballador da empresa, quen lles confirmou que unha das alarmas dun barco saltara, pero que el non entrara na nave porque escoitou ruído e sospeitaba que podería haber alguén dentro das instalacións.

Tras facer unha inspección polo exterior da nave, e comprobar que o portón de acceso estaba pechado, os policías accederon ao interior e revisaron todas as instalacións e os barcos que alí se atopaban.

Precisamente nunha das embarcacións, acazapado baixo unha mesita no camarote dun iate, os axentes localizaron ao presunto ladrón, que foi detido nese momento. No cacheo, foille intervida unha mochila con varias cazadoras, unha radio, unha navalla e outros efectos.

Unha vez en comisaría, a Policía confirmou que ten 27 antecedentes, moitos deles por feitos similares a este. As dilixencias e o detido foron postos a disposición do xulgado de garda.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...