InicioPolíticaEsixen que Abel Caballero xustifique por escrito as súas "reiteradas ausencias" nos...

Esixen que Abel Caballero xustifique por escrito as súas “reiteradas ausencias” nos plenos municipais

O grupo municipal Marea de Vigo lembrou que este órgano non é o "casarío" do rexedor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo esixiu este xoves ao alcalde, Abel Caballero, que xustifique por escrito as súas reiteradas ausencias das sesións plenarias, e lembrou que este órgano non é o “casarío” do rexedor.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, referiuse ao “simulacro de pleno” celebrado este mércores, no que o alcalde se ausentou aos 10 minutos de iniciarse a sesión, e no que as mocións do PP non se puideron debater porque os edís deste grupo tamén se foron en sinal de protesta.

Segundo apuntou o edil de Marea, asistir a un pleno non é unha mera decisión, senón “unha obrigación”, e sinalou que se o alcalde non pode estar, debe xustificalo con algunha razón “de forza maior”, e trasladar esa xustificación por escrito ao secretario do pleno. “Porque se non, isto convértese nun casarío”, engadiu.

Rubén Pérez Correa lamentou a falta de calidade democrática neses xestos, así como nos propios debates do pleno, e lamentou que “tampouco axuda” o “perfil” dos concelleiros socialistas que substitúen a Caballero cando este non preside o pleno, porque “non todo o mundo ten capacidade de diálogo e de moderar o debate”.

En concreto, referiuse ao concelleiro Javier Pardo, quen dirixiu a sesión este mércores. “Non nos gusta nin o seu ton nin os seus modos”, apuntou, á vez que afeou ao PP que se fora do pleno “sobreactuando”, cando Feijóo tamén se ausenta dos plenos do Parlamento en numerosas ocasións.

ÚLTIMAS

“O Concello aínda ten moitos deberes”: o PP esixe a Caballero os proxectos completos do Mundial 2030

A candidatura de Vigo para converterse nunha das sedes do Mundial de Fútbol de...

Salvan a vida dun estibador que sufriu unha parada cardíaca nun barco en Vigo: varias descargas dun desfibrilador lograron recuperar o seu pulso

Nunha parada cardíaca, os primeiros minutos poden marcar a diferenza entre a vida e...

Vigo cruza peticións de dimisión: o PP reclama cesar a Pardo e o PSOE apunta a tres conselleiros da Xunta

O futuro do transporte público de Vigo converteuse nun novo motivo de confrontación entre...

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...