InicioSen categorizarVÍDEO: Cata, niñún, faer, traio ou truita... As particularidades lingüísticas do Baixo...

VÍDEO: Cata, niñún, faer, traio ou truita… As particularidades lingüísticas do Baixo Miño

A rapazada do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño recolle nun interesante vídeo as distintas formas de falar deste concello dentro do proxecto 21 Días co Galego.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Desde mediados do mes de xaneiro e ata o 3 de febreiro, o alumnado do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, participa na experiencia 21 Días co Galego e + como representante da provincia de Pontevedra.

Trátase dun programa educativo que ten dous obxectivos ambiciosos a nivel lingüístico. Dunha banda, procura o aumento de uso do galego como lingua de comunicación habitual, tanto en cantidade de tempo como de ámbitos de uso. Por outra, é unha experiencia de reflexión individual sobre a relación singular que cada participante ten coas linguas que coñece.

Durante estas tres semanas, 447 alumnas e alumnos da ESO e Bacharelato deste centro, xunto co alumnado do IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos, do IES Pontepedriña de Santiago de Compostela e mais do IES Otero Pedrayo de Ourense, desenvolverán actividades colectivas en relación coa lingua (recreacións audiovisuais de obras literarias galegas, traballos de campo sobre o uso do galego nas empresas da contorna, retransmisións deportivas…).

De feito, o IES Antón Alonso Ríos elaborou pequenas pezas audiovisuais para divulgar o labor cultural do grupo San Roquiño de Goián, as características dialectais máis salientables do lingua galega na zona ou a contribución do Serán da Debullada de Estás para manter vivos estes encontros ao redor da música tradicional.

Este é un deses interesantes vídeos que a rapazada de Tomiño fixo para dignificar as particularidades que tomiñeses e outros habitantes da zona do Baixo Miño usan ao falar en galego.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...