InicioSociedadePonteareas anuncia a creación dun parque canino, espazo de ocio para mascotas

Ponteareas anuncia a creación dun parque canino, espazo de ocio para mascotas

Desde o Concello tamén están intentando disminuír a suciedade causada por estes animais nas rúas e prazas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou a próxima creación dun parque canino na localidade. Coa iniciativa preténdese ofrecer aos propietarios de cans un amplo espazo destinado específicamente ao esparcemento das súas mascotas.

Ao mesmo tempo, o parque canino contribuirá a solucionar os problemas que, ás veces, se suscitan pola presenza de cans en lugares como os parques infantís. Para definir o espazo que se destinará a parque canino, as actuacións necesarias e a regulación do seu uso, o alcalde constituíu unha comisión asesora formada por veterinarios, profesionais da localidade relacionados co mundo dos cans e a protectora de animais.

O pasado martes a comisión celebrou a súa primeira reunión, onde se estableceu o método de traballo e estudo que concluirá nos vindeiros días coa presentación dunha proposta concreta de parque canino.

Can/ Rob Swatski

Esa proposta exporase logo ao público para suxestións e aportacións veciñais, prevéndose a posta en marcha do parque nun prazo breve de tempo. Aínda que as opcións de ubicación do futuro parque canino están abertas, de partida o parque de San Roque perfílase como a mellor opción.

“Na actualidade xa son moitos os propietarios de cans que usan este espazo para pasear as súas mascotas e trátase dun lugar amplo sen apenas outros usos recreativos”, sinalou Xosé Represas, quen destacou que “con esta iniciativa daremos resposta a unha grande demanda social.

En Ponteareas existen centos de persoas con cans que desexan dispor de espazos pensados especialmente para os seus animais”. A comisión creada para o parque canino tamén abordará nas vindeiras semanas outras iniciativas para solucionar problemáticas como a suciedade en rúas e prazas provocada por unha minoría de propietarios de cans ou a necesidade de rexistrar os animais e controlar a implantación de microchips cun lector recentemente adquirido polo Concello.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...