InicioSucesosIncendio nunha nave industrial no Rosal

Incendio nunha nave industrial no Rosal

Un incendio rexistrado na tarde deste martes no concello pontevedrés do Rosal causou danos materiais no exterior dunha nave industrial, pero non houbo feridos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio rexistrado na tarde deste martes no concello pontevedrés do Rosal causou danos materiais no exterior dunha nave industrial, pero non houbo feridos. Segundo informou o 112 Galicia, a nave non resultou afectada xa que unicamente arderon, nunha baixo-cuberta anexo á fábrica, diversos refugallos da mesma e tres pequenos depósitos que almacenaban residuos de aceite no recinto da fábrica.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun particular pasados uns minutos das 19,30 horas deste martes. O alertante indicou que ardían plásticos no recinto dunha empresa de plásticos, situada na estrada que une Tui e A Guarda, á altura de Sogama. A esa mesma hora, persoal dunha empresa moi próxima alertaba ao 112 Galicia do incendio.

A partir de aí, o 112 puxo en marcha un operativo no que participaron, ademais dos Bombeiros do Porriño, os membros do GES da Guarda, Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil do Rosal. Tamén, foi alertado o 061 por se nalgún momento fóra precisa a súa intervención.

Así mesmo, persoal do servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia tamén foi informado da situación polo 112 Galicia. Unha vez apagadas as chamas, os servizos de urxencia procederon a refrigerar a zona.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...