InicioVigo e contornaRedondelaO sorteo do Cuponazo da ONCE deixa un premio de 100.000 euros...

O sorteo do Cuponazo da ONCE deixa un premio de 100.000 euros en Redondela

A administración xa dera un premio gordo en 2001.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un quiosco da ONCE en Redondela (Pontevedra) vendeu a un veciño un cupón do sorteo do Cuponazo premiado con 100.000 euros o pasado venres.

José Carlos Ruibal Fontán foi o axente vendedor da ONCE que levou a sorte e a ilusión a este cliente, do que descoñece a súa identidade porque comprara un bonocupón por TPV (Terminal Punto de Venda). Desde a ONCE sinalaron que se trata dun veciño de Redondela.

“Teño unha alegría, coma se tocáseme a min”, manifestou Ruibal a Europa Press este luns tras decatarse do suculento premio saído do seu establecemento. Este vendedor da ONCE ten un quiosco situado no número 1 de cálea Ribeira de Redondela.

“Eu xa dei un premio gordo hai tempo, 50 millóns de pesetas no ano 2001″, recordou o vendedor da ONCE, quen explicou que o agraciado só terá que presentarse co seu cupón no banco para cobrar o premio de 100.000 euros.

O Cuponazo da ONCE ofrece todos os venres, por tres euros, un premio ás cinco cifras máis serie de 9 millóns de euros, e seis segundos premios de 100.000 euros a outras tantas extraccións, tamén con serie, segundo trasladou a ONCE.

ÚLTIMAS

As familias de Vila Laura volven protestar en Vigo: “Estamos a pedir persoas para atender a persoas”

As familias da Escola de Educación Infantil Vila Laura de Vigo volveron concentrarse este...

Vigo elixirá entre 19 propostas a estatua de Iago Aspas, que custará 280.000 euros

O xurado do concurso de ideas para o deseño e realización dunha estatua do...

O Peugeot 2008 ‘made in Vigo’ sitúase entre os modelos máis vendidos en España no que vai de ano

O Peugeot 2008, fabricado na planta viguesa de Stellantis, situouse na lista dos 10...

“Unha viaxe a Brobdingnag”, a particular cartografía da cultura viguesa en máis de 200 retratos

A Asociación Cultural Évame Oroza inaugura o vindeiro venres, 2 de outubro, ás 20.00...