InicioPolíticaCaballero, tralo anuncio de que o Campus FP será en Ourense: "Onde...

Caballero, tralo anuncio de que o Campus FP será en Ourense: “Onde hai demanda de verdade é en Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este venres que o Concello construirá un segundo aparcadoiro municipal gratuíto á beira do hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na rolda de prensa deste venres, o alcalde de Vigo referiuse, entre outras cuestións, ao anuncio da implantación do Campus FP en Ourense (despois de que se descartara a cidade olívica, ao desmarcarse a Zona Franca do proxecto).

Segundo Caballero, esa decisión responde a unha “teimosía” da Xunta, e advertiu de que, aínda que se desenvolva a iniciativa en Ourense, “onde hai demanda de verdade é en Vigo”, en alusión á actividade da industria de automoción, naval, pesca, etc.

“A Xunta ten que facer un plan de choque de FP inmediato para Vigo, e un programa intensivo estable“, esixiu, á vez que advertiu ao goberno galego: “Que non vingan con contos chineses, o que expoñen para Ourense non ten orzamentos, e é para anos vista”.

Finalmente, o alcalde recordou a Núñez Feijóo a obrigación do goberno autonómico, recollida no Estatuto de Autonomía de Galicia, de asumir a competencia de educación, e acusou ao presidente da Xunta de “atacar á industria de Vigo”.

aparcamento do cunqueiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este venres que o Concello construirá un segundo aparcadoiro municipal gratuíto á beira do hospital Álvaro Cunqueiro, e volveu a insistir en pedir á Xunta que ceda ou venda ao goberno local unha parcela de titularidade autonómica situada xusto enfronte do principal acceso ao edificio.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico ha confirmado o envío dunha carta ao goberno galego para reclamar a cesión ou venda deses terreos que, segundo aseverou, teñen cualificación urbanística para construír aparcadoiro. “Eles non o usan, pois que o vendan e fágoo eu”, proclamou Caballero.

O alcalde sinalou que sería “razoable” unha cesión gratuíta da parcela, pero sabendo que a Xunta “non o vai a facer”, pediu que lla venda ao consistorio.

Así mesmo, criticou ao PP de Vigo por “poñerse ao lado” do goberno de Feijóo, e recordou que a propia presidenta do PP vigués prometeu que pediría a gratuidade do parking do hospital cando estivese aberto o aparcadoiro municipal. “Xa está a funcionar. Estamos a esperar”, aseverou.

Por outra banda, reafirmouse na súa intención de que, nun futuro próximo –tras a aprobación dunha ordenanza para ese efecto–, o aparcadoiro construído polo Concello deixará de ser gratuíto para todos os usuarios e pasará a selo só para os censados na cidade.

 

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...